A nebulosa Cabeza de Cabalo Azul

Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright : Francesco Antonucci
Créditos da imaxe: WISE, IRSA, NASA; Procesado e copyright : Francesco Antonucci

Explicación: a nebulosa Cabeza de Cabalo Azul semella bastante diferente en luz infravermella. En luz visible, o po reflectante da nebulosa semella azul e coa forma parecida á cabeza dun cabalo. Porén, en luz infravermella xorde un labirinto complexo de filamentos, cavernas e casulos de po e gas brillantes, facendo así difícil identificar a icona equina. A imaxe publicada da nebulosa creouse en tres cores infrevemellas (R=22, G=12, B=4,6 micras) a partires de datos tirados pola sonda espacial Wide Field Infrared Survey Explorer (WISE ou Explorador de Sondaxe en Infravermellos de Campo Amplo) en órbita da NASA. A nebulosa está catalogada coma IC 4592 e abarca uns 40 anos luz, localizada a uns 400 anos luz de distancia cara a constelación Escorpión ao longo do plano da nosa galaxia Vía Láctea. IC 4592 é máis tenue pero cobre unha rexión angular máis grande que a máis coñecida nebulosa Cabeza de Cabalo de Orión. A estrela que alumea e quece o po principalmente é Nu Scorpii, visible coma a estrela amarela á esquerda do centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O canto dos xibardos, entre os sons da Terra da sonda Voyager 1 da NASA

A sonda alcanza o 18 de novembro de 2026 unha distancia dun día luz e transporta no seu Disco de Ouro unha selección de sons e imaxes representativas do planeta

Que viu o telescopio Hubble o día que naciches? Descúbreo nesta ferramenta da NASA

A axencia espacial estadounidense actualiza a aplicación que permite consultar cinco imaxes en cada día do ano e compartilas en redes sociais

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble