Galicia, máis vella ca nunca

O Instituto Galego de Estadística (IGE) publicou o pasado venres os datos de indicadores demográficos referentes ao ano 2016. Nel queda reflectido que o índice de envellecemento en Galicia alcanzou, de novo, o seu teito histórico. É unha tendencia que se repite desde o ano 1975, o primeiro no que se rexistran datos do IGE. Naquel momento, había case 38 maiores de 65 anos por cada 100 mozos e mozas menores de 20. Despois de catro decenios de crecemento constante, no 2016, xa había 153,69 persoas maiores de 65 anos por cada 100 menores de 20. Galicia é, por tanto, máis vella ca nunca.

O índice de envellecemento (a variable que mide este aspecto) é sensiblemente maior nas mulleres que nos homes. Mentres que por cada 100 mozos hai máis de 126 homes que superan os 65 anos, no caso das mulleres este índice aumenta ata as case 183 mulleres por riba da idade de xubilación.

Publicidade

Parada de Sil, o máis envellecido; Ames, o máis novo

Ao observar os datos a nivel municipal, Parada de Sil (Ourense) é o concello co maior índice de envellecemento (1308,09). Só hai 22 persoas censadas menores de 20 anos. Ségueno na lista Lobeira (1.282,2) e Avión (1209,66), os dous tamén na provincia de Ourense. No outro extremo está o concello de Ames, na área metropolitana de Santiago, con só 50,08 maiores de 65 anos por cada 100 mozos e mozas menores de 20. Os outros concellos máis “mozos” de Galicia son Salceda de Caselas (Pontevedra) (67,55) e Oroso, tamén nos arredores de Santiago, con 72,19.

O estudo sobre indicadores demográficos tamén recolle outras cifras interesantes, como os índices de fecundidade, mortalidade e nupcialidade, que se poden consultar ao completo na páxina do Instituto Galego de Estatística.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla