Filosofía e psicoloxía crúzanse en Ferrol

Cada primavera, un simposio internacional sobre a Filosofía e a Metodoloxía da Ciencia actual enche o salón de actos do vicerreitorado do campus universitario de Ferrol con algunhas das mentes máis reputadas de todo o globo e coa bagaxe precisa para diseccionar e razoar o progreso científico e os seus límites éticos desde unha óptica filosófica.

Este 2014, estas xornadas da Sociedade da Lóxica que teñen o seu epicentro na Facultade de Humanidades de Ferrol, adscrita a Universidade de A Coruña, acadan a súa décimo novena edición que este ano pasa por centrarse na Filosofía da Psicoloxía, con especial atención a ‘Concepción de James Woodward’. É, precisamente, este prestixioso catedrático norteamericano da Universidade de Pittsburgh e expresidente da American Philosophical Association o convidado e o ponente estrela dun simposio no que se tratarán temas complexos que entroncan coa psicoloxía e a filosofía como a conciencia, os elementos ‘invariables’ na psique do ser humano e as relacións causa-efecto.

Publicidade

As XIX xornadas principiaron este xoves 13 a mañá co soliloquio de Woodward xirando sobre a “Teoría normativa e Psicoloxía descritiva na comprensión do razoamento causal e o papel das intervencións e a invarianza”. José María Martínez, catedrático de Psicobioloxía da Universidade de Murcia, achegou o congreso a súa visión psicoevolutiva na toma de decisións e na neuroeconomía. Xa pola tarde, o profesor de Universidade de Sevilla Francisco Rodríguez Valls fará a súa exposición sobre “O suxeito emocional: os casos de angustia e da ansiedade” e sumaranse o debate nunha mesa redonda Rafaella Campaner, da Universidade italiana de Bolonia, e Pedro Chacón, catedrático e director de Teoría do Coñecemento, Estética e Historia do Pensamento na Universidade Complutense de Madrid (UCM).

Psicoloxía computacional

A derradeira xornada do venres 14 versará sobre o Coñecemento Causal da man do profesor Woodward, e os modelos que explicarían os desordes mentais que abordará Campaner. O profesor da UCM, Chacón, será o encargado de facer o peche do XIX congreso abrindo o debate sobre os ‘límites da psicoloxía computacional en J. Fodor’.

Publicidade

Detrás da organización destas xornadas está, desde 1995, o profesor Wenceslao J. González, a fronte do Comité Científico do campus ferrolá, con respaldo da UDC e do Concello de Ferrol. Supón dous créditos de libre configuración para estudantes universitarios (40 euros) e ten un custe de 70 para profesionais e docentes.

En edicións anteriores, estas mesmas xornadas abordaron o presente e o futuro das sociedades tecnolóxicas desde a perspectiva dos valores e a ética (2012), ou os límites da ciencia vistos desde a lóxica filosófica, o pasado ano. O 2010, por exemplo, centráranse na Creatividade, Innovación e a Complexidade da ciencia. Todos os debates se recollen, posteriormente, nunha publicación que se edita en inglés para a súa difusión científica nos circuitos internacionais. A do 2005, sobre ‘Realismo científico nas sociedades democráticas’, está presente en 226 bibliotecas de distintas universidades estadounidenses e en moitos outras facultades de todo o mundo, destaca como síntoma do seu impacto o seu principal impulsor, o profesor Wenceslao J. González.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A recuperación de rexistros sonoros de 1910 saca á luz un estudo pioneiro en 11 linguas (incluída a galega)

A Biblioteca de Verín rescata do esquecemento a investigación do psicólogo, sociólogo e escritor Eloy Luis André na que estuda as curvas melódicas da fala

Memorias dunha pandemia

Como sobrevivir á histeria colectiva ante un gromo de hantavirus. Por Andrea Veiga

Ler é un pasatempo… ou moito máis?

A lectura destaca por activar procesos cognitivos específicos que, especialmente cando o cerebro se está desenvolvendo, poden marcar diferenzas importantes na idade adulta

De verdade fomos máis felices en 2016? A ciencia detrás da última tendencia en redes

Os recordos cargados de emoción consolídanse mellor que os neutros, pero co tempo ocorre algo curioso: moitas experiencias negativas perden forza