Vota aquí para que Rosalía de Castro ou Breogán teñan unha estrela co seu nome

A Unión Astronómica Internacional organiza unha votación na que se pode votar tamén por darlle o nome dun planeta ao río Sar e a Ith

Rosalía de Castro xa ten un cráter no planeta Venus. E agora opta, xunto a Breogán, a darlle nome a unha estrela situada na constelación de Ofiuco, a 240 anos luz de nós. A Unión Astronómica Internacional abriu este venres unha votación pública para nomear a máis dun cento de parellas de exoplanetas e as súas estrelas correspondentes. A cada país corresponderalle unha parella: España ten que elixir os nomes para a estrela amarela HD 149143 e o seu xigante gasoso HD 149143 b. E xa está habilitada a votación a través da web www.nombraexoplanetas.es.

E entre os candidatos, hai dúas parellas moi vinculadas a Galicia. As opcións para as estrelas e o seu planeta son as de Rosalía de Castro e Río Sar, e a de Breogán e Ith. No primeiro caso, a proposta foi da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e outras entidades, que desenvolveron nestas semanas unha campaña para conseguilo; e no segundo, a idea foi dos investigadores da Universidad Autónoma de Madrid Asier Castrillo e Isabel Rebollido (orixinaria de Boiro). A votación remata este martes 12 de novembro, e en decembro coñeceranse os resultados.

Publicidade

VOTA AQUÍ por Rosalía, Río Sar, Breogán ou ITH

Rosalía de Castro e Río Sar

Tal e como explica Ío na súa proposta, Rosalía é, sen discusión, a figura máis importante da cultura galega, pero tamén una das escritoras máis destacadas das letras españolas. Os seus libros de poemas Cantares galegos e Follas novas son o máis elevado fito das letras galegas, pero non é menos importante a súa obra en castelán, de En las orillas del Sar ao seu moi valiosa obra narrativa.

“A obra de Rosalía é revolucionaria en forma pero tamén no fondo; o seu discurso, contrario a toda forma de inxustiza, é inequivocamente feminista e audazmente ecoloxista no seu defensa e amor pola natureza, moi presente na súa obra, igual que tamén está moi presente a noite e os obxectos celestes”, argumenta Ío.

Publicidade

Respecto ao planeta HD 149143 b está o río Sar, “como acompañamento á estrela Rosalía propoñemos nomes de lugar moi vivos na súa vida e obra, como o río Sar ou lugares como Laíño, Lestrove, Bastabales ou o bosque de Conxo, tan querido pola autora”. Explican tamén que se exclúen desa lista de topónimos “cidades máis grandes, evidentemente asociadas a Rosalía, como Santiago de Compostela ou A Coruña, para apostar por topónimos menos escoitados e cuxa sonoridade é singularmente fermosa”.

Breogán e Ith

Desde o Observatorio da Universidad Autónoma de Madrid, a galega Isabel Rebollido e o seu compañeiro Asier Castrillo propoñen a estrela Breogán e o planeta Ith. Explican que, segundo a mitoloxía celtra, “Breogán unificou ás tribos do noroeste da península Ibérica. Tras conquistar todo o territorio, fundou a cidade de Brigantia (A Coruña) e construíu unha torre, que denominou Torre de Breogán (agora Torre de Hércules). O seu fillo Ith, ao subir á torre, divisou o brillo esmeralda das terras de Irlanda e partiu para conquistalas”. As lendas irlandesas, recollidas no Leabar Gabhala, recoñecen a Breogán como un célebre rei celta, e ao seu neto Mil, como conquistador das terras irlandesas tras a morte de Ith.

O proxecto

A Sociedade Española de Astronomía (SEA), coa colaboración do Planetario de Pamplona, son os encargados de poñer en marcha este concurso en España. Hai uns meses abriuse o prazo para propoñer os posibles nomes. Recibíronse unha vintena de propostas por parte de astrónomos afeccionados e profesionais e tamén de persoas do público en xeral, das que se seleccionaron doce que cumpren cos requisitos da IAU.

A iniciativa enmárcase nas actividades de celebración do centenario da Unión Astronómica Internacional. Baixo o nome de NameExoWorlds, asignouse a cada país un sistema formado por unha estrela e o planeta que a orbita para que lles dea nome mediante participación cidadá.

A parella proposta para España atópase na constelación de Ofiuco (o encantador de serpes) e confórmana a estrela coñecida como HD 149143, semellante ao noso Sol, xunto á súa exoplaneta HD 149143 b, un xigante gaseoso cunha masa un pouco maior que a de Xúpiter.

Alén de Rosalía, río Sar, Breogán e Ith, en España pode votarse tamén por Cuelebre e Xana, personaxes da mitoloxía asturiana; Culebra e Malpolon, xéneros de culebras; Elcano e Vitoria, referencias á primeira volta en barco á Terra; Xirasol e Pétalo, flores; Iberia e Millares, península ibérica e unha das súas antigas civilizacións; Isabel e Diego, os amantes de Teruel; Tajo e Jarama, ríos; Tirant e Carmesina, personaxes de Tirant lo Blanc; e Zamenis e Phion, personaxes da mitoloxía grega relacionados coas serpes (como a constelación Ofiuco onde está a estrela)

Os resultados da votación daranse a coñecer a mediados de decembro nun comunicado oficial da Unión Astronómica Internacional xunto aos nomes elixidos polo resto de países.”Esta segunda iniciativa, chamada IAU100 NameExoWorlds, pretende seguir os pasos da primeira convocatoria e facer partícipe á sociedade do coñecemento do ceo mediante a oportunidade de bautizar estrelas e exoplanetas con nomes menos técnicos e máis accesibles”, indica Benjamín Montesinos, vicepresidente da SEA.

“Con este proxecto unímonos a máis de cen países en todo o mundo que van tamén a asignar nomes a unha estrela e un planeta. Ao contrario do que ocorreu coa estrela Cervantes, neste caso non hai competición entre países, senón que cada un ten a súa estrela e planeta propios que nomear. A través do proxecto preténdese involucrar ao público xeral no centenario da IAU, facerlles reflexionar sobre a existencia doutros mundos no Universo e ter unha boa escusa para falar de referentes culturais de cada país”, explica Amelia Ortiz, coordinadora Nacional de Divulgación (NOC) da IAU para España e astrónoma do Observatori Astronòmic da Universitat de València.

6 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigación galega para impulsar o estudo nacional de exoplanetas e estrelas con intelixencia artificial

O CITIC e o CSIC únense para fomentar o avance de técnicas que melloren a detección e análise de corpos celestes fóra da Vía Láctea

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Descubertos 59 exoplanetas, dos que 10 poden ser habitables

Un estudo liderado entre España e Alemaña fai públicas 20.000 observacións dunha mostra de 362 estrelas frías próximas

Fito cósmico: a NASA confirma máis de 5.000 exoplanetas

Os últimos 65 mundos engadidos elevan a cifra, que se espera que aumente cos telescopios James Webb ou Nancy Grace na busca de condicións habitábeis