O Antropoceno os residuos e Cova Eirós, nunha nova sesión das NerdNites

A Nave de Vidán de Santiago acollerá o próximo martes, a partir das 21:30 horas, a sesión de outubro destas noites de divulgación

A sesión das NerdNites correspondente ao mes de outubro terá lugar este martes 29, na Nave de Vidán, a partir das 21:30 horas. O Antropoceno, un vaso prehistórico atopado na Cova de Eirós e a posibilidade de vivir rodeados de residuos serán os temas centrais desta nova edición.

A catedrática do departamento de Ecoloxía, Evolución e Bioloxía Mariña da Universidade de California en Santa Bárbara, Débora Iglesias Rodríguez, falará de mares quentes, océanos ácidos e outras historias mariñas do Antropoceno. Xunto a ela, Ramón Fábregas Valcarce, catedrático de prehistoria da USC, desenvolverá o relatorio ‘Casando fóra da parroquia? O caso do vaso prehistórico da Cova Eirós’. Ángeles Pereira Sánchez, profesora do departamento de Economía Aplicada da USC, responderá, pola súa parte, á cuestión ‘TerraVerde Servicizing & Recyling, S.A. Viviremos rodeados de residuos?’.

Publicidade

As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago de Compostela en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Esta iniciativa artéllase en base a pequenas charlas científicas onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra

GCiencia lanza unha nova edición do ciclo de charlas ‘Ciencia en feminino’

O programa en colaboración coa Deputación de Pontevedra arrinca o mércores 4 coa entrevista da inmunóloga África González