Ciencia en feminino: Entrevista a Zulema Altamirano

A directora da Unidade de Mulleres e Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación conversa este xoves a partir das 20h coa xornalista Susana Pedreira

Este xoves, a partir das 20 horas, o ciclo “Ciencia en Feminino”, que organizan GCiencia e a Deputación de Pontevedra, celebra a súa terceira cita cunha entrevista-coloquio con Zulema Altamirano, directora da Unidade de Muller e Ciencia do Ministerio de Ciencia. Conversará con Susana Pedreira, xornalista de Onda Cero, a partir das 20 horas, nun encontro que se poderá seguir a través de gciencia.gal e nas canles de redes sociais de GCiencia e a institución provincial. O encontro estará tamén aberto ás preguntas formuladas polo público.

Zulema Altamirano Argudo é doutora en Psicoloxía Clínica e experta en intervención multidisciplina en violencia de xénero. Traballou, entre outras institucións, no Instituto Europeo de Igualdade de Xénero, e exerceu tamén como psicólogo no Corpo Superior de Institucións Penitenciarias, especializándose na intervención en violencia de xénero. Desenvolveu diversos plans de igualdade na Administración Xeral do Estado e investigou sobre a fenda salarial de xénero.

Publicidade

A Unidade de Mulleres e Ciencia púxose en marcha no ano 2005, como parte das iniciativas de igualdade impulsadas desde o Goberno español. Encárgase de de promover a presenza equilibrada de mulleres e homes en todos os ámbitos dos sistemas de ciencia, tecnoloxía e innovación, de acordo aos seus méritos e capacidades, mediante mecanismos que eliminen nesgos, barreiras e desincentivacións. Impulsa tamén a integración transversal da análise de sexo/xénero nos contidos dos programas e proxectos de investigación científica, así como a investigación específica no campo dos estudos feministas, das mulleres e do xénero.

O ciclo “Ciencia en Feminino” pecharase o 25 de marzo ás 19 horas coa mesa redonda, Unha carreira científica en desigualdade, conducida tamén por Begoña Márquez. Participarán María de la Fuente. Directora da Unidade de Nanooncoloxía do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago, Sara Varela,  líder do grupo MapasLab da Universidade de Vigo, María Mayán, coordinadora do grupo de investigación CellCOM do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic) e Carmela Silva, presidenta da Deputación provincial de Pontevedra.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

O Castelo de Soutomaior convértese no escenario dun videoxogo para descubrir o seu patrimonio medieval

A Deputación de Pontevedra lanza ‘O Códice da Liberdade’, que combina investigación e realidade aumentada para achegar a historia ás novas xeracións

⁠⁠A Coruña, entre os puntos de repartición das lentes gratuítas do Goberno para a eclipse total

O Ministerio de Ciencia e o Grupo Social ONCE distribuirán dous millóns de dispositivos visuais certificados para observar con seguridade o fenómeno do 12 de agosto