Atopan o rexistro da historia das Cíes desde hai 6.000 anos

Baixo a Lagoa dos Nenos, o fondo mariño garda o segredo do pasado das illas Cíes. Cada capa de sedimentos rexistra a presenza de animais e vexetais, do clima e da actividade humana. Porque as perturbacións naturais ou antrópicas son un dos principais motores do cambio a longo prazo nos ecosistemas. A discriminación entre cambios de estado reais e ciclos ou tendencias é difícil sen a perspectiva temporal axeitada. Por este motivo, dispor de series de datos longas, detalladas e fiables de variables estruturais e funcionais relevantes do ecosistema é unha prioridade para os xestores de reservas naturais.

Investigadores traballando na Lagoa dos Nenos.
Investigadores traballando na Lagoa dos Nenos.

Co obxectivo de revelar a evolución dos ecosistemas mariños e terrestres das Illas Atlánticas de Galicia, e dotar ós xestores dunha información clave para coñecer o seu estado real de conservación e facer unha xestión en consecuencia, chegaron os investigadores do proxecto Paleopark ás Cíes. O traballo de campo foi realizado a finais do mes de xuño e agora comeza a análise de resultados en laboratorio.

Publicidade

O equipo liderado por Miguel Ángel Mateo do CSIC e completado por outros seis investigadores especializados en distintas áreas, que utilizaron modernas técnicas de paleo-reconstrución que lles permitiron extraer testemuñas de sedimentos que rexistran a historia das Cíes desde hai 6.000 anos.

Cada centímetro de sedimento recolle 10 anos de historia

A aproximación paleoambiental pode proporcionar unha extraordinaria  riqueza de información sobre aspectos biolóxicos e ambientais detallados da historia natural dos ecosistemas tanto costeiros como terrestres. A través destas técnicas, se extraen sedimentos “turbosos” e anóxicos das profundidades dos solos mariños que atesouran información de, polo menos, 6.000 anos atrásk, nas que cada centímetro recolle 10 anos de historia.

Publicidade

Para a investigación nas Illas Cíes, instalouse unha plataforma de reducidas dimensións pero cun peso que superaba os 800 kilos na Lagoa dos Nenos. A través desta, extraíanse de maneira artesanal e en xornadas de 10 a 12 horas diarias, as testemuñas dos fondos mariños. Escolleuse esta localización porque fora das illas as ondas resuspenden todo o sedimento e alteran a secuencia cronolóxica, cousa que non sucede nas tranquilas augas da Lagoa dos Nenos que reúne as condicións idóneas a colleita dos arquivos paleoambientais.

A Lagoa dos Nenos reúne as condicións para a colleita dos arquivos paleoambientais

O proxecto Paleopark é unha iniciativa liderada polo Centro de Estudos Avanzados de Blanes (CEAB) pertencente ó Centro de Investigacións Científicas (CSIC) e está financiado polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais. As labores de recollida de datos e testemuñas sedimentarias depositadas nos solos mariños, comezaron o pasado verán no arquipélago de Cabrera, onde os investigadores utilizaron un buque para realizar as perforacións.

O equipo que traballou na Lagoa dos Nenos complétase con Santiago Giralt do Instituto de Ciencias da Terra de Baarcelona (CSIC) experto na extracción de sedimentos; Manel Bolívar, experto do CEAB e responsable das actividades subacuáticas, Anna Sans, tamén do CEAB que foi a coordinadora técnica da campaña e tres estudantes de doutorado: a moañesa Nerea Piñeiro e a malagueña Carmen Leiva do CEAB e Fernando Barreiro, do Instituto Pirenaico de Ecoloxía de Aragón (CSIC).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Demostrada a eficacia dun novo fármaco nun cancro de pulmón resistente

Un equipo do CSIC liderou dous estudos que presentan novas abordaxes en dúas mutacións de tumores que non responden a terapias dirixidas

Os premios Zendal galardoan dous proxectos sobre alzhéimer e vacinas animais

Na súa V edición o recoñecemento do grupo farmacéutico promocionará os proxectos dos investigadores Ivone Martins, da Universidade de Miño, e José de la Fuente, do CSIC

Tiburón a vista de dron: un achado inesperado nas illas Cíes

Investigadores da Universidade de Valencia captaron en agosto as imaxes dunha quenlla que nadaba nas augas costeiras do parque nacional
00:00:36

Científicos de Vigo empregan drons para estudar a saúde do rorcual nas Rías Baixas

A campaña RorquGAL pretende caracterizar xenéticamente á poboación galega destes cetáceos