Xoves 5 Decembro 2024

A RAGC e GCiencia publican o Anuario da Ciencia en Galicia 2018

Este luns 8 de outubro, coincidindo coa celebración do Día da Ciencia, a Real Academia Galega de Ciencias e GCiencia presentaron o número 37 do Anuario da Ciencia en Galicia, que editan de forma conxunta. A revista, dispoñible en papel e en formato dixital, sae de novo á luz despois da aposta lanzada o pasado ano pola RAGC, que supuxo a apertura dunha nova etapa na revista anual da Academia, tendo en conta a súa traxectoria histórica, pero tamén adaptada ás necesidades dos novos tempos.

Portada do Anuario.
Portada do Anuario.

A publicación recolle, en 64 páxinas, algunhas das novas e achados máis relevantes para a ciencia en Galicia nos últimos 12 meses. Alén disto, inclúe unha serie de artigos que abordan a vida e a obra de Domingo Fontán, o autor da Carta Xeométrica, e que este ano foi homenaxeado como Científico Galego do Ano por parte da RAGC. Do mesmo xeito, inclúense artigos de académicos como Ángel Carracedo, Alicia Estévez, Antonio Rigueiro ou Juan José Nieto Roig, ademais do presidente da Academia, Miguel Ángel Ríos.

Publicidade

Do mesmo xeito, a revista inclúe as novidades institucionais da Academia de Ciencias, con información sobre o ingreso dos novos académicos (Pilar Bermejo, José Antonio Redondo e Wenceslao Fernández Manteiga), as actividades de divulgación científica e os certames convocados pola RAGC ao longo destes 12 meses, como o Premio Galicia de Xornalismo Científico, o premio de comunicación universitaria Contar a Ciencia-la Caixa, os premios de investigación Ernesto Viéitez o os de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia.

Podes ler aquí o Anuario da Ciencia en Galicia.

– Versión en PDF: A Ciencia en Galicia 2018 (ligazón para descargar).

– Versión web: acienciaengalicia2018.gciencia.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Violencia contra a muller: dúas xornadas en Vigo para analizar desde o coñecemento

O Concello vigués organiza en colaboración con GCiencia unha mesa redonda sobre feminismo e deporte e unha charla sobre senfogarismo

▪️ Un libro homenaxea o Matemático como o gran científico de Galicia

A obra da RAGC e do CCG está producida por GCiencia e coordinada polo académico Juan José Nieto Roig

GCiencia incorpórase ao Padroado de FEUGA

O portal de divulgación científica reforza o seu compormiso co desenvolvemento tecnolóxico, social e económico coa súa entrada na Fundación Empresa-Universidade Galega

Unha noticia de GCiencia cae na proba de Lingua Galega da ABAU 2024

A adaptación dunha peza sobre o Samaín, publicada en outubro de 2023, é o texto central dun dos exames de acceso á universidade