Outro gurú antivacinas na Coruña

Este martes, o Concello da Coruña acollía a presentación de BioCultura, unha feira que se celebrará en Expocoruña entre o 2 e o 4 de marzo. O evento abrangue un amplo abano de actividades centradas, na súa meirande parte, en fomentar a agricultura ecolóxica e o consumo responsable. Porén, entre as decenas de actividades programadas, hai algunhas que espertaron a alarma entre asociacións e movementos que combaten as pseudocienciaspola presenza de activistas antivacinas.

A “Xornada de reflexión sobre a vacinación sistemática”, prevista para o sábado 3, está organizada pola Liga pola Liberdade da Vacinación (LLV), un movemento encabezado por Xavier Uriarte. Este gurú, denunciado en reiteradas ocasións por movementos escépticos, sostiña nalgunhas entrevistas que “a maior parte das vacinas non serven para nada e crean problemas”, con “efectos adversos graves e frecuentes”. Na súa web, a LLV ten publicado un “Manifesto contra as vacinacións masivas”. Na Coruña, xunto a Xavier Uriarte, estará José Núñez, outra das cabezas visibles desta agrupación.

Publicidade

Este grupo antivacinas foi moi criticado no ano 2015, cando un neno de Olot (Girona) morreu con só seis anos tras ser diagnosticado de difteria. Era o primeiro caso rexistrado en España desde 1987 e non estaba vacinado. A LLV emitiu un controvertido comunicado ao desvelarse que o rapaz non fora inmunizado.

A feira tamén contará cun expositor e co apoio de Alkanatur, unha empresa galega que afirma poder tratar o cancro con auga da billa.

Publicidade

A Xunta ofrece descontos co Carné Xove

Os concelleiros de Medio Ambiente e Emprego da Coruña, María García e Alberto Lema, participaron este mércores na presentación de BioCultura. García sinalou que a feira, “”a máis importante do Estado español neste ámbito, veu para quedarse”. Lema subliñou a relevancia, tanto a nivel económico, turístico e de consumo, que supón para A Coruña acoller o evento, que tamén se celebra en Madrid, Barcelona, Sevilla e Bilbao. A feira espera acoller, segundo a Asociación Vida Sana, promotora do evento, a unhas 13.000 persoas.

A Dirección Xeral de Xuventude anuncia na súa web descontos para BioCultura.
A Dirección Xeral de Xuventude anuncia na súa web descontos para BioCultura.

Non en tanto, o Concello da Coruña non é a única institución que colabora con BioCultura. A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, ofrece na súa web un desconto do 50% no prezo da entrada á feira (4 euros) se se presenta o Carné Xove.

3 COMENTÁRIOS

  1. Se censuramos a posibilidade de contrapor visións diferentes do mundo: como podemos queixarnos dos ataques á liberdade de expresión por parte do poder que estamos a vivir?

    • Claro, traiamos pois a un neonazi a falar da superioridade racial aria!!! Porque, que vai ser de nós se non promocionamos e lle concedemos un espazo a calquera colgao con gana de dar a nota e dicir parvadas?

      • Ningún problema en que alguén (quen sexa) diga parvadas nun espazo público no que o disenso sexa posíbel. Alén diso: a quen te refires cando falas de “nós”?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse

O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano

O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur

O mapa dos novos Soletes da Coruña: 17 locais imprescindibles recomendados por famosos

Javier Gutiérrez, Sara Escudero, Tamar Novas e o grupo musical Sanguijuelas del Guadiana recomendan establecementos en Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo