Luns 27 Maio 2024

Alúa con éxito a sonda de China na cara oculta do noso satélite

Aluou o primeiro artefacto na historia que visita a cara oculta da Lúa. China anunciou esta madrugada a exitosa aluaxe da súa sonda Chang’e-4, segundo informou a Administración Nacional do Espazo de China (ANEC). A axencia oficial de noticias Xinhua indicou que o fito tivo lugar este xoves na conca de Aitken, no polo sur do satélite da Terra, ás 10:26 hora de China (02:26 GMT).

O xornal oficial chinés Global Times indicou que a sonda, que inclúe un módulo e un vehículo explorador, transporta instrumentos para estudar a xeoloxía da zona, así como sementes de papa e plantas para que medren na Lúa como experimento biolóxico.

Publicidade

A poucas horas da súa aluaxe, a misión enviou xa as primeiras imaxes tomadas desde a superficie do satélite. Ao non haber unha ligazón de comunicacións en directo, todas as imaxes e os datos envíanse primeiro a un satélite separado e logo transmítense desde alí á Terra.

Primeiras imaxes enviadas pola sonda chinesa.

Aínda que misións anteriores estiveron dirixidas cara ao lado da Lúa orientado cara á Terra, esta é a primeira vez que unha nave descende sobre a cara oculta. Global Times cualificou o logro deste xoves como un “grande fito da exploración do espazo”.

Programas espaciais como o soviético ou o estadounidense xa lograron fai máis de medio século fotografar a cara oculta da Lúa pero nunca aluaron alí, a pesares de que en 1962 unha misión non tripulada estadounidense o tentou sen éxito.

Nos últimos días, a nave Chang’e-4 reducira a súa órbita en preparación para a aluaxe. Durante a pasada fin de semana, os medios estatais chineses aseguraron que a sonda entrara nun camiño elíptico arredor da Lúa, chegando a posicionarse a 15 km da superficie no seu punto máis próximo.

A misión partiu o 8 de decembro desde do centro de lanzamento de satélites Xichang na provincia de Sichuan para coñecer máis sobre a conca Aitken, un lugar de interese por ser a zona de impacto máis antiga e máis grande sobre a superficie lunar.

A cara oculta da Lúa non é visible nunca dende a Terra debido a un fenómeno coñecido como “rotación sincrónica“, xa que o noso satélite tarda tanto en virar sobre o seu propio eixo como en completar unha órbita da Terra. Por mor disto, esta cara é tamén coñecida como “lado escuro”, aínda que si é iluminada polo Sol e experimenta igualmente tanto o día como a noite. A diferenza é que, dende a Terra, non a podemos ver.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

Marcos Martinón, un galego entre guerreiros de terracota: “É incrible, pero non hai dous soldados iguais”

O arqueólogo ourensán investiga dende hai case 20 anos o espectacular mausoleo do primeiro emperador chinés, un xacemento con 2.000 anos de antigüidade

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...