A NASA lanza unha misión para probar a protección contra asteroides

A misión DART chocará contra Dimorphos en outono do 2022 para cambiar a órbita deste astro, co obxectivo de mellorar as predicións de futuras ameazas

O espazo está a piques de recibir un novo visitante. A misión Double Asteroid Redirection Test (DART) está impulsada pola NASA e probará un novo sistema de protección da Terra contra o impacto de futuros asteroides. É dicir, o seu principal obxectivo é modernizar os modelos preditivos actuais para responder mellor a unha hipotética ameaza. Para iso, a NASA lanza este mércores DART, unha misión que durará 10 meses. Ao longo deste período, o aparello viaxará a Dimorphos, un asteroide que orbita arredor doutro de maior tamaño. Prevese que chegue ao seu destino en outono de 2022, cando choque de maneira intencionada contra Dimorphos e cambie lixeiramente a órbita do astro.

Dende a NASA informan que ningún destes asteroides supón, na actualidade, unha ameaza para o planeta. DART tan só será unha misión de proba que tratará de demostrar que unha nave espacial é capaz de chegar a un asteroide e impactar contra el cineticamente. Cando isto aconteza, o colisión poderase ver grazas a uns telescopios terrestres, que os científicos usarán para determinar o cambio exacto no período orbital. Así, medirase o éxito da misión e cales son os efectos do impacto de DART contra este sistema de asteroides. Grazas a esta proba, saberase ata que punto se pode reconducir a órbita das rocas espaciais, poñéndose no caso de que fosen ameazantes para a Terra.

Publicidade

O lanzamento

A misión lanzarase dende a Base da Forza Espacial Vandenberg, en California, a bordo do foguete Space X Falcon 9. DART suporá probar un novo sistema de forma segura. Polo de pronto, están identificados case o 40% dos asteroides potencialmente perigosos para a Terra. É dicir, os que teñen un tamaño superior aos 140 metros. De igual maneira que Dimorphos non supón unha ameaza, polo de pronto non hai ningún outro asteroide en risco de impactar contra o planeta. Amais disto, DART xestouse nos últimos dous anos e desenvolveuse no Laboratorio de Física Aplicada Johns Hopkins, en Maryland.

En relación ao tipo de tecnoloxía que empregará DART, utilizará os instrumentos ROSA e DRACO. Permitirán que a nave espacial viaxe polo espazo ata chegar ao sistema de asteroides obxectivo, que se atopará a máis de 10 millóns de quilómetros de distancia da Terra no momento do impacto. Esta tecnoloxía permite que as ás modulares de DART sexan máis lixeiras, compactas e ríxidas que os paneis solares tradicionais. No espazo, esta nave espacial desplegarase ata acadar os 8,5 metros de lonxitude.

Publicidade

Un novo sistema de propulsión

A maiores de todo isto, DART tamén probará NEXT-C, un novo sistema de propulsión. Aínda así, a forza que impulsará á nave ao longo de toda a súa viaxe serán unha serie de propulsores convencionais. Eles serán os responsables da meirande parte dos movementos de DART, incluso cando se mergulle no sistema de asteroides. De todas formas, este novo sistema de propulsión, que funcionará a base de ións, está deseñado para mellorar o rendemento e a eficación do combustible nas misións espaciais. Así é que antes de que DART impacte, probará por vez primeira NEXT-C.

Este novo propulsor, no canto de encenderse a base de hidróxeno como fan a maioría dos foguetes, usará a electricidade xerada polos propios paneis solares da nave espacial. Así creará un campo eléctrico que acelerará os ións de xenón cargados ata velocidades moi altas para propulsar DART. Segundo explican, este tipo de impulsores de ións poden acadar velocidades moito máis altas que os sistemas convencionais. E aínda que este non sexa o sistema principal de DART, NEXT-C iluminarase varias veces ao longo da viaxe. O seu obxectivo: demostrar que pode funcionar só coa enerxía xerada polos paneis solares e que é capaz de actuar nas duras condicións do espazo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Conta atrás para o regreso de Artemis II: calor extrema, silencio e amaraxe no Pacífico

A tripulación da nave Orión revisa os protocolos finais e prevé o descenso fronte á cidade de San Diego na madrugada do sábado, hora española

De Apolo a Artemis: cincuenta anos de misións lunares a través das súas imaxes

As fotografías tomadas polas tripulacións da NASA ao longo do tempo documentan os primeiros sobrevoos do satélite

Como se ve a Vía Láctea dende o espazo? A NASA publica unha imaxe única dende a nave Orión

A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar