A gran migración humana que percorreu boa parte do mundo

Un estudo da xenética de diversas etnias descobre que unha poboación de América do Sur foi desde África cruzando polo leste de Asia

As poboacións humanas foron espallándose polo mundo a partir do que foi o seu berce, África. E de aí, foron percorrendo todo o planeta. Agora, un estudo xenético logrou descubrir quen son os que, polo menos ata os estudos actuais, máis tiveron que migrar ata asentar. Trátase dos nativos da zona da Patagonia, en América do Sur.

O estudo, publicado en Science, secuenciou o xenoma de 1.537 persoas de 139 grupos étnicos de diversas rexións. Os indíxenas da zona terían percorrido gran parte do mundo, desde África ata o leste de Asia, polo norte, para cruzar a América, ata chegar ao sur. Isto, co paso de moitas xeracións.

Publicidade

Este traballo parte da base de intentar secuenciar xenomas de diversos grupos, especialmente daqueles máis ignorados ao longo da historia. O obxectivo era analizar as poboacións e reconstruír migracións prehistóricas para ver como afectou a diversidade da humanidade.

Algúns dos resultados amosan que os nativos de América do Sur teñen ascendencia común cos grupos de Siberia Occidental, algo que se pode identificar pola gran proximidade xenética que teñen. Porén, non se puido identificar un grupo concreto que puidese ser o ancestral directo. Estas poboacións cruzaron pola ponte terrestre de Berinxia, unha zona que hai miles de anos unía América e Asia e no que actualmente está o Estreito de Bering.

Publicidade

A partir desa migración, dividíronse en varios pobos: amazónicos, andinos, patagónicos… Entre estes, teñen moitos segmentos de ADN iguais, o que indica que un pequeno grupo na zona foi o que deu orixe a toda a poboación. Estas liñaxes foron separándose entre 13.900 e 10.000 anos atrás.

O illamento xeográfico, clave

Estes migrantes acabaron en lugares con importantes barreiras xeográficas que dificultaron que puidese ter unha maior diversidade xenética. Desde aquí, os grupos foron sufrindo grandes declives demográficos ata a actualidade. En gran parte, pola chegada dos europeos, con todo o que supuxo: a colonización, a violencia constante e a chegada de novas enfermidades. En parte, pola menor diversidade dun tipo de xenes que axudan na inmunización, os HLA, algo potenciado polo illamento xeográfico que viviron.

Os investigadores tamén acharon outras conclusións. Entre estas, por exemplo, atoparon un xene na poboación dos Andes que permite adaptarse mellor aos baixos niveis de osíxeno. Todo isto foi no marco do proxecto GenomeAsia100K que buscan cartografar a diversidade xenética de Asia. Ademais, contou coa participación dun total de 48 autores e 22 institucións de Asia, Europa e América.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais

Un modelo da UDC simula como se comportará a rótula tras unha operación de prótese de xeonllo

A ferramenta desenvolvida no CITENI permite comparar diferentes escenarios cirúrxicos e adaptados ás características de cada paciente

Carmen Álvarez e Ángel Carracedo, recoñecidos nos Premios Nacionais de Investigación

Dos dez galardóns que concedeu o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, dous recaeron este ano en recoñecido persoal investigador da USC

Ciencia sen mans

Sen financiamento suficiente para persoas, equipamento e planificación a longo prazo, a excelencia científica convértese nun obxectivo difícil de acadar. Por Xunta de representantes de InvestiGal