Venres 19 Abril 2024

A galega que demostrou a existencia das fábricas de artigos: “É a punta do iceberg”

A investigadora vén de demostrar que máis do 20% dos artigos científicos retirados en 2021 logo de publicarse procedían de este tipo de organizacións

Un equipo coordinado pola USC, xunto con investigadores das universidades de Brown e Yale, acaba de publicar no British Medical Journal —considerada como unha das publicacións máis relevantes no eido da medicina— un estudo sobre como foron evolucionando, entre os anos 2004 e 2022, as razóns polas que se retiran artigos científicos logo da súa publicación.

En concreto, o estudo céntrase naqueles artigos que son retirados tras ser publicados nas revistas científicas ao conter estudos que non son reais e con autores que tampouco teñen participado na súa realización. O traballo logrou identificar un total de 1.182 artigos retirados por este motivo, dos cales, 1.143 (o 96,8 %) proceden de institucións chinesas. Ademais, un total de 909 (o 76,9 %) mencionaban unha institución hospitalaria como filiación principal. Falamos coa sáu precursora, a investigadora Cristina Candal.

Publicidade

-Que é iso das fábricas de artigos científicos?

-Pois trátase de organizacións que teñen como principal actividade fabricar artigos e logo vendelos a investigadores que os precisen. Agora mesmo, na academia, o sistema de avaliación de investigadores, baséase, sobre todo, na cantidade de artigos publicados ao ano. Na miña investigación falo moito de China, que parece ser que é onde empezou todo isto. China, hai uns anos, comezou a dar incentivos económicos aos investigadores para aumentar a produción científica do país. De feito, un requisito para graduarse en medicina na China é ter un artigo científico publicado. E iso é un problema porque xeralmente os estudantes de medicina non están preparados para levar a cabo ese tipo de investigacións. Tal é a repercusión disto que hai campus universitarios en China na que hai publicidade destas organizacións. É bastante novo, a verdade, hai apenas un par de anos que se empezou a ver este tipo de industria.

-Como é posible que pasen os cribados das revistas científicas?

-Estas organizacións levan todo o proceso das publicacións. Son elas mesmas as que suben os artigos ás revistas e as que responden ás revisións por pares. Polo que puiden atopar, é bastante doado contratar estes servizos porque están en internet abertamente expostas. O que se sabe que fan é vender servizos personalizados. Cantidades de autores do paper, a túa posición na sinatura da investigación… E dependendo das características que contrates, o prezo vaiche cambiando. Non é o mesmo ser o principal que estar no medio dunha ducia de autores. Polo tanto, varían un montón. Hai veces que incluso véndenche un artigo xa aceptado para a súa publicación e o que fan é engadir o teu nome como autor. De feito, contra isto, hai revistas científicas que xa non permiten estas modificacións a posteriori.

-Como é posible que se validen eses artigos? Son rigorosos aínda que vendan a autoría?

-Definitivamente, non. É moi difícil de identificar. Isto saíu á luz hai uns anos porque unha investigadora viu moitos artigos científicos que contiñan as mesmas figuras. Malia non teren nada que ver nin en temática nin en lista de autores. Hai comezou a sospeitarse. De feito, a duplicación de imaxes é un dos factores que os delatan. Pero claro, sen telos todos, é moi complexo chegar a esa conclusión. O que está claro é que é moi improbable que dez artigos teñan a mesma figura e eses datos sexan reais. Igual é un e con sorte.

-Isto pode deberse a problemas nos cribados nas revistas?

-En realidade, as revisións das revistas son de calidade das publicacións. Pensa que os revisores non teñen os datos que teñen os autores para chegar a eses resultados. Ten que ser algo moi evidente e que te choque para que dubides dos datos. Os revisores tampouco se poñen a facer análises estatísticas dos datos. Hai moita crítica ás revisións por pares nos últimos anos por este tipo de franqueos. Pero é certo que aínda que loxicamente ten limitacións, agora mesmo é o único que temos que avalíe a calidade. Polo menos, en biomedicina.

-Canto vale comprar un paper?

-Un estudo investigou un papermill de Rusia e atopou que piden entre 180 e 5.000 euros por artigo, en función sobre todo da posición na lista de autores e a revista onde se publica. Outra investigación levada a cabo en chinesa conclúen que o rango de prezos é de 300, publicando en revistas chinesas, e até 21.000 dólares por publicar en revistas indexadas en Science Citation Index

-Cal é a metodoloxía que emprega?

-Nós utilizamos unha base de datos feita por investigadores americanos. Que é a referencia en retractacións neste momento. Agora mesmo, ten máis de 30.000 incluídas na base. Ademais, ten detrás un traballo moi rigoroso. Non só estudan cada caso, senón que van ás páxinas das editoriais e revistas científicas, tamén analizan os informes de mala conduta científica de institucións. E dan bastante información tanto do artigo como da retractación. Falamos con eles e mediante unha licencia, cedéronnos a base. De feito, o cofundador da base de datos revisou o noso artigo. Estivemos en contacto para explicar ben a súa metodoloxía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada

O meteorito que brillou como cincuenta lúas cheas xa pode visitarse en Santiago

Tratouse dun asteroide de 1,15 metros de tamaño e 2,62 toneladas de masa que chocou contra a atmosfera a 15 Km/s

Unha tese galega demostra a viabilidade de reutilizar restos vinícolas e pesqueiros no país

Antonio Cortés avaliou a sustentabilidade das estratexias de valorización de residuos orgánicos, alén de estudar a ecoeficiencia dos procesos