Dúas bolboretas cómplices triunfan no III Concurso de Fotografía da Natureza da USC

O certame fotográfico, impulsado pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural, fixo públicas ás tres imaxes gañadoras

A terceira edición do Concurso de Fotografía da Natureza: Insectos, promovida pola Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC, tivo lugar durante os meses de outubro e novembro.

Actualmente, xa está publicada a resolución das tres persoas galardoadas. Así, o primeiro premio, cunha dotación de 300 euros, foi para Guadalupe Rodríguez Vázquez, polo seu traballo titulado ‘Amor entre pétalos’.

Publicidade

O segundo gañador, que recibirá unha contía de 200 euros, é José Otero Neo, grazas á fotografía ‘Outras cores do outono’.

‘Outras cores de outono’, de José Otero Neo, gañador do segundo premio

Finalmente, a terceiro e última distinción, cunha compensación económica de 100 euros, recaiu en Javier Cabana Soengas, pola súa imaxe denominada como ‘Cruce de camiños’.

Publicidade

‘Cruce de camiños’, de Javier Cabana Soengas, imaxe coa que acadou o terceiro lugar

O xurado, constituído por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos e habilidades fotográficas, escolleron as gañadores por votación secreta. Agora, os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías do concurso, que se prevé que se celebrará neste mes de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

E non podemos aproveitar a auga de tanta chuvia?

As intentas chuvias actuais xeran escorrentías e inundacións que non se aproveitan por falta de infraestruturas e estratexias de captación adecuadas

Un proxecto sobre o cancro de mama triplo negativo do CINBIO gaña o premio Zendal

O equipo liderado por María Mayán aproveitará os fondos para comezar cos ensaios preclínicos en modelos animais

Si, aos lagartos gústalles a pizza: esta é a ciencia máis divertida premiada nos Ig Nobel

De vacas raiadas a lagartixas 'gourmet', pasando por uñas, zapatos e a receita cientificamente perfecta de salsa de pasta

A sorprendente conexión entre unha foca, unha ameixa e unha lura

Dominan a hidráulica, comparten a pedra calcaria... Os tres animais buscan solucións diferentes para un mesmo obxectivo: sobrevivir no océano