Chega a 6ª edición de ViaGalicia, a xanela empresarial para o I+D

A aceleradora, que impulsou 68 empresas e 340 novos empregos. abre ata o vindeiro 1 de abril o prazo de presentación de proxectos

ViaGalicia, a primeira aceleradora de Galicia, abre este venres, e ata o próximo 1 de abril, o prazo de recepción de proxectos que queiran participar nesta sexta edición para mellorar os seus modelos de negocio e poder chegar a adquirir financiamento para o seu crecemento e consolidación no mercado.

“Nesta edición priorizaremos a calidade dos proxectos fronte á cantidade e apoiaranse aquelas iniciativas que demostren maior fortaleza no seu sector e maior capacidade para xerar emprego e riqueza no noso territorio” afirmou David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo, sobre esta nova edición. Nesta liña, a capacidade de achegar valor engadido ao tecido empresarial galego, de dinamizar os sectores estratéxicos e de consolidarse no mercado, as aptitudes do equipo e o seu potencial para atraer investimentos, serán algunhas das claves que valorará o Comité para a selección dos proxectos.

Publicidade

Cun orzamento de 2 millóns de euros, a sexta edición de ViaGalicia prestará aos proxectos seleccionados formación, tutorización, espazos de coworking e, finalmente, financiamento a aquelas iniciativas que cheguen á fase de aceleración. As solicitudes para participar poden presentarse a través da web viagalicia.gal.

Do Startup Day á presentación a investidores

Tras a recepción de candidaturas, levará a cabo unha primeira selección dun máximo de 80 proxectos entre as dúas sedes de ViaGalicia (situadas en Vigo e Lugo), que poderán participar no Startup Day. Nesta xornada avaliaranse as habilidades dos emprendedores e sairán seleccionados ata 40 proxectos (20 por sede) para a súa pre-aceleración durante a fase de Academia. Durante estas sete semanas de Academia, achegaránselles as ferramentas e coñecementos necesarios para mellorar o seu modelo de negocio e a comunicación da súa proposta de valor.

Publicidade

Posteriormente, no Demo Day, defenderán a súa proposta fronte ao Comité Técnico, formado por expertos de ViaGalicia e por representantes das entidades colaboradoras. O Comité seleccionará os mellores proxectos –ata un máximo de 15-, que pasarán á fase de Aceleración durante un período de seis meses no Centro de Negocios do Parque Empresarial Porto do Molle (Nigrán). Co apoio dun experto equipo de titores e mentores, os emprendedores prepararán a presentación dos seus proxectos empresariais a futuras roldas de investimento. A sexta edición finalizará coa celebración do Investors Day, xornada na que defenderán os seus proxectos fronte a empresas, colaboradores e fondos de investimento.

Oito millóns de investimento

Desde a súa posta en marcha no ano 2013, xa se investiron 8 millóns de euros neste programa de aceleración, ao que se presentaron máis de 1.000 candidaturas e das que se impulsaron máis de 160 proxectos. En total, formalizáronse 68 empresas, xerando así 340 novos empregos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un fármaco para recuperarse tras un ictus e unha tecnoloxía de selado de latas, Premios á Transferencia

Os galardóns que outorgan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación premian un grupo do IDIS e outro da UVigo

Galicia avanza cara un composto innovador con eficacia contra as células nai do cancro

O proxecto MEDICS do CIQUS, inicialmente apoiado polo programa Ignicia da Xunta de Galicia, desenvolve terapias innovadoras de baixa toxicidade para tratar tumores como os de colon ou páncreas

A biotecnoloxía galega lanza a súa ofensiva en BioSpain para captar investimento

A feira que se celebra en Barcelona estima bater o récord da última edición, que contou con case 1.000 empresas e máis de 2.200 profesionais

Do bicho da fariña ao envase sostible: a tese galega que transforma insectos en biofilms

Un proxecto da Universidade de Vigo e Cifga, apoiado polo programa Doutoramentos Industriais da Xunta de Galicia, explora o uso do escaravello ‘Tenebrio molitor’ para desenvolver materiais biodegradables de baixo impacto ambiental