ViaGalicia, dez anos impulsando ás empresas do futuro

O programa de aceleración da Zona Franca recibiu máis de mil propostas nunha década de existencia, coa innovación como denominador común das ideas seleccionadas

No Centro de Negocios que a Zona Franca ten no Parque Empresarial Porto do Molle en Nigrán, enxeñeiros, biólogos e expertos en automoción, entre outros profesionais, teñen a oportunidade de converter as súas ideas de negocio en empresas de futuro. 

A aceleradora ViaGalicia, que ten alí as súas oficinas, recibe en cada edición, e xa van sete, centos de proxectos que analiza polo miúdo. De feito, o obxectivo desta iniciativa creada en 2013 é impulsar, diversificar e modernizar o tecido industrial galego e para iso todas as propostas, de calquera sector, e sen importar a fase de desenvolvemento na que se encontren, son benvidas. 

Publicidade

En ViaGalicia expoñen a súa experiencia tres emprendedores que participaron ou participan na actualidade no programa. Unha visita a Porto do Molle permite coñecer de implantes á medida para animais, de millóns de pezas de automóbiles que encontran en liña unha segunda vida e de proteínas alternativas que axudarán a loitar, de maneira sostible, contra a escaseza de alimentos no mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía