ViaExterior, á conquista de novos mercados

Desde a súa creación hai sete anos, esta aceleradora da Zona Franca xa acompañou con éxito o proceso de internacionalización dun centenar de empresas

Abrirse paso no mercado internacional máis rápido e con menos risco, é a proposta da aceleradora ViaExterior do Consorcio Zona Franca de Vigo, ás empresas de calquera sector que queiran expandir o seu campo de negocio ou consolidar a súa presenza noutros países. 

Esta aceleradora que naceu no ano 2017 e que xa leva convocadas cinco edicións, ofrece acompañamento personalizado e un diálogo constante cos seleccionados cada ano, incluso despois dos oito meses que dura o programa de formación e asesoramento.

Publicidade

Algunhas empresas que participan en ViaExterior teñen xa unha grande presenza nos mercados doutros países, outras tiveron breves experiencias no exterior e outras nunca tiñan incluído na súa estratexia a internacionalización, polo complexo,  longo e custoso que pode resultar o proceso. 

Ana Andrés, xerente en Vigo dunha empresa de fornecemento industrial e asesoría de proxectos de aloxamento turístico, Carlos Alonso, director de comercio exterior nun referente mundial da transformación de granito e pedras exóticas no Porriño, e Senén Rodríguez, que se prepara para tomar as rendas do negocio familiar de mobles de cociña en Ponteareas, cóntannos a súa experiencia na aceleradora nesta videoreportaxe.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Do 100% ao 36% nun trienio: a “preocupante” evolución da seca nos encoros galegos

A serie histórica de Eiras vai en liña coa situación de Cecebre, que marca o seu mínimo dos últimos 15 anos tras reducir case á metade as súas reservas

Cidades nas que vivir

Un estudo analiza os patróns de xentrificación en Vigo, Santiago e A Coruña

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos