A primeira impresión ao ver os obxectos da imaxe é que son pezas dun xogo de bólas rosadas, pero a realidade é máis abraiante. Hai uns anos que un equipo de científicos descubriu en India o que ata agora é o único xénero dunha nova familia de anfibios, os Chikilidae. Cando se fan adultos, semellan unhas pequenas cóbregas, aínda que a súa morfoloxía é máis semellante á dunha píntega, e teñen medula espiñal.

Non en tanto, os seus ovos son abraiantes. Nun traballo publicado en 2012 en Proceedings of Biological Sciences, os investigadores resumían o achado deste animal en zonas illadas próximas ao Himalaia. As análises xenómicas achegaronm ademais, un vínculo “inesperado” coa familia dos Herpelidae, que habitan en África, o que suxire unha relación que se remonta ao Cretácico. Os animais da familia dos Chikilidae teñen unha visión moi limitada, e adoitan vivir gran parte do tempo baixo o solo.
O descubrimento destes ovos con forma de bólas, alén da sorpresa da súa morfoloxía, supuxo a apertura dunha nova e salientable póla na árbore da vida dos anfibios.
Referencias: Discovery of a new family of amphibians from northeast India with ancient links to Africa, en Proceedings of Biological Sciences.