A emotiva homenaxe a Margarita Salas

A Oficina Europea de Patentes publicou este verán a que foi unha das últimas entrevistas da científica asturiana, falecida este xoves

“Escoitas? Se o son é baixo, precisas amplificalo. Se tes unha cantidade moi pequena de ADN, por exemplo, nunha molécula sinxela, tes que amplialo, para secuencialo e estudalo”. Así explica Margarita Salas a súa invención máis importante, a caracterización do ADN polimerasa do fago Φ29, un achado con enormes aplicacións na biotecnoloxía e a medicina, que marcou un antes e despois no estudo da xenómica .

É unha das últimas aparicións públicas da prestixiosa científica, falecida este xoves. O vídeo, realizado pola Oficina Europea de Patentes (EPO), recolle un dos principais fitos dos achados de Salas: a patente do método da ADN polimerasa phi29 reportou máis do 50% dos dereitos de autor que ingresou o CSIC. Por este motivo, a EPO outorgoulle este mes de xuño o premio Inventora do Ano 2019, que recolleu en Viena.

Publicidade

Falece Margarita Salas, un grande referente da ciencia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

Ética científica

O debate está servido tras a retirada do artigo de Barbacid sobre o cancro de páncreas. Por Laura Filloy
01:04:45

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Obstáculos da carreira investigadora

A enxeñeira Soledad Torres, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada participan na última sesión do ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra
00:37:33

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. Entrevista con Elena Vázquez Abal

A matemática recibiu o Premio de Divulgación Científica 2024 por unanimidade pola súa carreira investigadora e docente