O psicólogo Uzzel e o xurista Orts, novos ‘honoris causa’ pola Coruña

O reitor Julio Abalde loubou a importancia intelectual destas dúas figuras que manteñen unha estreita relación con Galicia

O reitor, Julio Abalde, presidiu esta mañá no Paraninfo da Reitoría o acto académico de investidura como doutores Honoris Causa dos profesores David Lawrence Uzzell e Enrique Orts Berenguer, apadriñados por Ricardo García Mira e Carlos Martínez-Buján Pérez, respectivamente.

David Uzzell, catedrático de Psicoloxía na Universidade de Surrey, está vinculado desde hai anos á Facultade de Ciencias da Educación en temas de psicoloxía ambiental.

Publicidade

Enrique Orts Berenguer, catedrático emérito de Dereito Penal na Universidade de Valencia, foi o primeiro decano da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, logo da segregación da Universidade de Santiago de Compostela.

O reitor Abalde loubou o traballo de Uzzel especialmente na súa análise das consecuencias para a psicoloxía da actual crise climática, “un problema colectivo que esixe unha solución colectiva”. E salientou a labor de Orts como xurista, tanto na súa faceta como profesor como a de penalista na realidade democrática xurdida tras da Constitución de 1978.

Publicidade

David Uzzell é psicólogo social e xeógrafo, catedrático de Psicoloxía na Universidade de Surrey, Reino Unido. Lidera un Grupo de Investigación en Psicoloxía Ambiental, actualmente é Profesor Visitante da Universidade de Umeå (Suecia).

A súa investigación inicial desenvolveuse na participación pública no proceso de planificación urbanística. Un segundo núcleo de contribucións teóricas tense centrado na conciencia das persoas sobre as actitudes e comportamentos en resposta á situación e entornos de risco e na vida en condicións de incertidume. As áreas investigadas incluíron a delincuencia en zonas urbanas e a configuración do transporte, o risco e a seguridade nos entornos recreativos, a percepción e a preocupación polo risco en contextos mineiros e enerxéticos. Un terceiro núcleo examinou o papel da identidade social e de lugar como unha variable que afecta ao fomento da acción ambiental.

No período 2002-2005, e tras o afundimento do petroleiro Prestige colaborou coa investigación sobre o desastre do Prestige, coordinada polo profesor Ricardo García Mira. No período 2006-2007 colaborou tamén con este grupo de investigación na Comisión creada para analizar o impacto social dos incendios de 1996 en Galicia.

Enrique Orts Berenguer é na actualidade catedrático emérito de Dereito Penal da Facultade de Dereito da Universidade de Valencia. Foi o primeiro decano da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, logo da segregación da Universidade de Santiago de Compostela.

Toda a súa vida académica estivo dedicada en exclusiva á docencia e á investigación, en Dereito Penal pero tamén na disciplina de Criminoloxía.A súa actividade docente tivo unha parántese de dous anos ao ocupar a praza de Letrado do Tribunal Constitucional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático

Selo galego no deseño de novos polímeros máis eficientes para a enerxía solar

Unha investigación internacional liderada desde a UDC afonda no coñecemento sobre os materiais de nova xeración para paneis fotovoltaicos

Galicia, o lugar onde un océano se pechou

O territorio galego é testemuña de millóns de anos de movementos tectónicos que deron lugar ás formacións xeolóxicas actuais