Chegan as primeiras grandes nevadas do outono

A baixada das temperaturas e a fronte que entrou polo Atlántico obrigan a activar avisos de nivel amarelo e laranxa por neve e vento no mar

En gran parte de Galicia está sendo un día habitual de outono, frío e húmido, pero sen fenómenos extremos que obriguen a tomar demasiadas precaucións. Pero tanto na costa como nas montañas de Lugo e Ourense están activados sendos avisos amarelos e laranxas debido ao vento no mar e ás primeiras grandes nevaradas do outono.

As principais precipitacións en forma de folerpas caeron, como é habitual, en Ancares, Trevinca, O Courel e o Macizo Central ourensán, onde a neve caeu durante varias horas. Tamén na serra do Xurés, e mesmo de forma puntual na serra do Faro, entre Pontevedra e Lugo. Xa en forma de sarabia, producíronse algúns episodios localizados no norte das provincias da Coruña e Lugo.

Publicidade

Panorama dos cumios nevados desde o albergue dos Ancares, en Cervantes.
Panorama dos cumios nevados desde o albergue dos Ancares, en Cervantes.

As nevaradas caeron debido ás baixas temperaturas, que chegaron ata os -4,2 ºC en Xares (A Veiga), -3,3 ºC en Lardeira (Carballeda de Valdeorras), -2,5 ºC en Manzaneda, -1,8 ºC na estación de Ancares e -1,6 ºC no Cebreiro. Mañá prolongarase ata as 12 do mediodía o aviso amarelo nestas zonas por acumulacións superiores aos cinco centímetros.

No litoral, entre Corrubedo e Ribadeo o aviso será de nivel laranxa ata as 18 horas do venres, por ondas que poden superar os seis metros de e vento no mar do noroeste de forza 7. E dende Arousa ata A Guarda, o aviso é amarelo por ondas de ata cinco metros.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Unha masa de aire marítima tumba as temperaturas ata 10 graos en Galicia no inicio do outono

Unha fronte traerá precipitacións á comunidade a partir do sábado, unha situación que podería continuar a próxima semana