[Video Consello] Estes son exercicios para coidar as nosas cervicais

A musculatura que rodea as  vértebras cervicais é a responsable da mobilidade da cabeza e do pescozo. Tela contracturada ou tensionada pode provocar dores de diferente intensidade, vertixes e mesmo alteracións da percepción en brazos e mans, as chamadas  parestesias.

As posturas inadecuadas, o sobreesforzo, a tensión e as preocupacións son algúns dos factores de risco máis comúns da dor de cervicais, unha doenza que se manifesta con rixidez e que, se non se trata adecuadamente, pode agudizarse e volverse crónica.

Publicidade

O 50% da poboación presenta dores cervicais (cervicalxia) algunha vez na súa vida e as mulleres son máis propensas a padecer estas dores. Normalmente, a dor cervical é atribuíble á tensión aguda e repentina asociado cunha mala postura, ademais da a ansiedade e á depresión. Un 10% atribúese ao denominado lategazo cervical,  provocado por aceleración-desaceleración en relación con traumatismo automobilístico, deportes (mergullo, caídas, etc.).

Por iso, no novo  videoconsello da campaña “12 meses, 12 consellos de saúde”, o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) incide na necesidade de coidar a musculatura que rodea as vértebras cervicais e achega para iso unha serie de exercicios que favorecen este coidado.

Publicidade

Trátase dunha serie de sinxelos exercicios que os fisioterapeutas recomendas realizar diariamente e que aparecen perfectamente explicados no videoconsello deste mes de xullo.

O primeiro consiste en exercitar a mobilidade ocular, poñendo a proba a nosa capacidade de seguir un obxecto coa mirada sen mover a cabeza.

O segundo exercicio é de estabilidade visual e orientación. Realizaremos movementos cervicais, mantendo fixa a mirada nun punto, un movemento que nos axudará a recuperar a mobilidade que imos perdendo ao facernos maiores ou que están ocasionados polas malas posturas.

O terceiro exercicio consiste en facer rotar e estirar o  trapecio para diminuír a tensión que se poida ter acumulada. Debe ser un estiramento suave, para traballar a zona pero sen forzala: se notamos un formigueo, debemos parar.

Os fisioterapeutas recomendan finalizar a serie de exercicios estirando o músculo elevador da  escápula, que é o causante de moitas tortícolis causadas por posturas incorrectas, fundamentalmente ao durmir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’