Venres 19 Abril 2024

Santiago de Compostela acolle o encontro galego sobre o 5G

A Cidade da Cultura de Santiago acolle mañá o Foro “Retos e Oportunidades do 5G”, o primeiro encontro galego sobre estas redes para analizar desde todos os puntos de vista o impacto que terán na sociedade galega, os retos para a súa implantación e o potencial do hipersector TIC galego para situarse neste contexto tecnolóxico emerxente. Na xornada participarán fabricantes como Nokia, Ericcson, Huawei ou Colmena, ademais dos operadores Telefónica, Vodafone, Orange e R. Por outra banda, o Sergas ou a Autoridade Portuaria de Vigo exporán as posibles aplicacións, oportunidades e beneficios que se esperan desta tecnoloxía.

O acto contará cun expositor no que se mostrará in situ un vehículo prototipo de CTAG, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, conectado e autónomo. Os asistentes que se acheguen ata o stand poderán ver diferentes proxeccións nas que se amosan as funcionalidades incorporadas no vehículo. Estes prototipos permiten avaliar e experimentar en fases temperás as futuras tecnoloxías que se incorporarán nas próximas xeracións de vehículos.

Publicidade

O encontro abordará as inquietudes e expectativas de todos os axentes implicados, operadores, fabricantes, clientes, administracións públicas e entidades que están a traballar xa en iniciativas de 5G. Os interesados en asistir pódense inscribir a través do correo cdtic@xunta.gal.

Tecnoloxía 5G e marco estratéxico

Como punto de partida o primeiro bloque do encontro será un relatorio sobre que son as redes 5G da man de José Carlos López Ardao, profesor da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo. A continuación terá lugar unha mesa redonda na que Antonio Fernandez, responsable do Programa Innovación 5G produto en PSA; Benigno Rosón, subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade; e Ana Ulloa, Xefa de Explotación en Autoridade Portuaria de Vigo abordarán as posibles aplicacións, as oportunidades e os beneficios que esperan do desenvolvemento das redes 5G en Galicia.

Operadores e fabricantes

O terceiro bloque centrarase nas perspectivas das redes 5G desde a visión dos operadores e os fabricantes. Didier Clavero, head of Data Core Vodafone; Tomás Alonso, director de Enxeñería de Produto de Orange; Javier Gutiérrez, director de Estratexia e Desenvolvemento de Rede e Infraestruturas de TI de Telefónica; e Norberto Ojinaga, director de Rede de R, exporán o papel que desempeñarán as 5G na economía e a sociedade e as perspectivas e problemáticas que ven sobre o seu despregamento.

A mesa redonda dos fabricantes achegará a súa visión do futuro das redes 5G e as posibilidades de uso coa participación de Iván Rejón. Head of Strategy, Gov’t & Industry Relations, Marketing & Communications de Ericsson: Álvaro Sánchez. Head of Telefónica Account at Nokia; José Capote, Integrated Solution Sales Manager en Huawei Technologies; e José Nicolás Domínguez-Staedke, Strategy & Business Development at Colmena.

Entidades con iniciativas baseadas en 5G

O cuarto e último bloque servirá para expoñer  iniciativas específicas de uso do 5G da man de entidades que xa están traballando nelas. Nesta mesa participan Francisco Sánchez Pons, director de ITS e Electrónica en CTAG; Yudani Riobó, Innovation Manager at Quobis; Luis Pérez Freire, director General de Gradiant e Céctor Estévez, Director General de Centum Research & Technology

As redes 5G están a dar os seus primeiros pasos e espérase que nos próximos anos o seu despregamento sexa xa unha realidade e pasen a converterse nunha infraestrutura básica para a transformación dixital, xunto con outras tendencias como o big data, a intelixencia artificial ou a internet das cousas. A celebración deste foro enmárcase nas iniciativas promovidas pola Axenda Dixital de Galicia 2020, que ten como obxectivo prioritario contribuír a transformación dixital da Comunidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Laboratorio de redes de comunicación 5G & 6G de atlanTTic, deseñando o futuro

Felipe Gil Castiñeira, director do laboratorio, sinala o reto que enfrontan: crear unha rede piloto 5G-6G que converterá o campus de Vigo “nun espazo de investigación avanzado”

Hifas da Terra, Saega e Grupo LIA (2) reciben os premios Spin-Off PuntoGal de GCiencia

A alcaldesa de Santiago, o presidente da RACG e representantes das universidades galegas estiveron entre as autoridades que asistiron ao acto

Cales son as vantaxes do 5G na industria? Así o estuda un equipo da UVigo

Os investigadores defenden que o uso de redes privadas permiten unha comunicación inmediata, estable e constante sen cables de por medio