O vídeo da bóla de lume do 11 de decembro


Ás 22:25 hora local, o pasado 11 de decembro, unha impresionante bóla de lume cruzou o sur de España. Este bólido rexistrouse desde o Observatorio de Calar Alto en Almería, tanto desde a estación de detección de bólidos que o proxecto SMART ten neste centro (onde se gravou este vídeo), como grazas ás cámaras de vixilancia externa do Observatorio. Ambas puideron capturar un vídeo realmente espectacular. O fenómeno tamén foi seguido coas estacións de detección que este proxecto ten nos observatorios da Hita (Toledo), Sierra Nevada (Selecta), La Sagra (Selecta) e Sevilla.

Segundo a análise preliminar levada a cabo por José María Madiedo, profesor da Universidade de Huelva e investigador principal do proxecto SMART, o evento produciuse como consecuencia do impacto contra a atmosfera terrestre dun meteoroide a unha velocidade aproximada de 72.000 km/h. A bóla de lume, que sobrevoou as provincias de Granada e Xaén, viuse en gran parte do país.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha fronte polar derruba os termómetros e trae a Galicia as primeiras neves da tempada

Aemet aemite alertas amarelas pola intensidade do vento nas zonas costeiras e das nevadas nas montañas do interior

A UDC crea nanofibras que se montan e desmontan á vontade e controla como se adhiren as células

A científica Elena Pazos lidera unha investigación que aborda un dos retos do deseño de biomateriais: conseguir estruturas ordenadas que poidan modificarse mediante sinais químicos

Onde se garda a historia

Unha recompilación da importancia dos arquivos, museos e testemuñas para conservar a historia. Por Andrea Veiga

Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior incidencia de amputacións

A investigadora da UVigo Elena Mosquera sinala o envellecemento da poboación e a diabetes como posibles causas do aumento de casos