O espectacular castro de Viladonga a vista de drone

Castro de Viladonga é un castro galaico-romano realmente espectacular. Situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei (Lugo) está localizado sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá.

Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

Publicidade

Este espectacular vídeo de HtC Drone amósanos unha perspectiva aérea sobrevoando este singular castro.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis eficiente e sostible: así funciona o sistema galego que optimiza o uso do xurro como fertilizante

O proxecto Purinpreciso mide o nivel de nutrientes que require o solo en tempo real para adaptarse ás necesidades de cada explotación

Entre a volta ás aulas e o descenso da vacinación en Europa: cales son as vacinas necesarias na infancia?

O calendario infantil marca que os bebés recibirán a maior parte das súas doses durante o seu primeiro ano de vida

Dos incendios ao mar: Galicia converte a cooperación territorial nunha ferramenta fronte a grandes retos

Máis de 60 asistentes participan en Santiago nunha xornada organizada por Feuga que reuniu proxectos europeos sobre lumes, innovación, sostibilidade mariña e turismo

Que é o gas pementa e que efectos pode provocar no corpo humano?

A deputada Ana Vázquez exhibiu un aerosol de defensa persoal no Congreso para denunciar a situación en Ceuta