A mellor escena de caza da historia?

O documental Planet Earth II, da BBC, deixou para o recordo unha escena de caza que ficará na memoria. A cadea británica estreou en 2016 o documental en ‘prime time’. Ben o mereciu. Nada de deixar os documentais para a hora da sesta. En Reino Unido son moi bos e van en hora punta. Medio país (e parte do estranxeiro) seguiron con paixón unha serie que cambiou a historia dos documentais hai xa dez anos. E a primeira escena de caza da nova tempada removiu aos espectadores das súas butacas e logo sacudiu as redes sociais. Nela vese unha trepidante carreira pola vida: unhas iguanas recentemente nadas foxen dun escuadrón da morte.

A narración da espectacular serie corresponde a Sir David Attenborough, que aos seus 90 anos segue modulando a voz como ninguén. A súa reputación precédelle, suma máis de 60 anos de experiencia e é a única persoa cun premio Bafta en branco e negro, en cor, en HD e en 3D.

Publicidade

É imposible non tremer con esta escena, que amosa a gran calidade dos documentais dunha televisión pública: a BBC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da estatua dunha serea á sombra do peregrino: estes son algúns dos lugares máis peculiares de Galicia

O Atlas Obscura é unha ferramenta interactiva en liña que recolle 30 localizacións singulares nas catro provincias galegas

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas

Vacinas nasais: unha nova e prometedora vía para frear a transmisión dos virus respiratorios

A modalidade xera unha defensa intensa nas vías respiratorias superiores ao administrarse o aerosol ou as gotas directamente sobre a mucosa do nariz