GCiencia anima a Land Rober a facer unha campaña de doazón de seme

O pasado día 19, con motivo dunha revisión científica que alertaba da perda de calidade do seme no mundo occidental, GCiencia lembraba que a calidade do seme dos galegos é, segundo varios estudos, a mellor de España. Baseándose nesta noticia, o programa Land Rober, da TVG, realizou onte unha divertida peza humorística, recreando unha campaña solidaria de doazón, para que os galegos compartisen a calidade do seu inzo con outras rexións do Estado.

Nesta ligazón podes ver a peza ao completo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres estudos con participación galega revelan os efectos da radioterapia en pacientes de cancro

Un total de 472 doentes tratados no Hospital Clínico de Santiago participaron no proxecto para avanzar cara tratamentos máis personalizados

As primeiras imaxes da pegada do impacto que cambiou a órbita do asteroide Dimorphos

A misión Hera da ESA permite observar as consecuencias da sonda DART, que en 2022 desviou a traxectoria do corpo celeste

Investigadores galegos clonan o carballo do Banquete de Conxo para garantir a súa conservación

Un equipo da Misión Biolóxica (MBG-CSIC) aplica técnicas de biotecnoloxía vexetal para crear copias idénticas dunha das árbores máis senlleiras de Galicia

Un novo sistema de inspección intelixente creado en Galicia mellora a seguridade ferroviaria

O proxecto Airis da UVigo e Copasa emprega visión artificial, sensores ópticos, 5G e IA para automatizar a detección de defectos nas vías de alta velocidade