As primeiras imaxes da pegada do impacto que cambiou a órbita do asteroide Dimorphos

A misión Hera da ESA permite observar as consecuencias da sonda DART, que en 2022 desviou a traxectoria do corpo celeste

Un novo fito espacial: a misión Hera da Axencia Espacial Europea (ESA) —iniciativa de defensa planetaria— capta o asteroide Dimorphos, o primeiro movido polos seres humanos, completando unha órbita arredor do seu compañeiro máis grande, Didymos; trátase dun sistema binario de asteroides. Con todo, o interese nos dous vídeos publicados pola institución non remata aí: tamén lograron as primeiras imaxes do lugar do impacto da sonda DART da NASA sobre Dimorphos en 2022, cando a axencia modificou a óbita deste corpo celeste en 33 minutos. Hai catro anos non puideron amosar exactamente o que lle ocorreu ao asteroide; agora, este vídeo fai posible a observación.

A Proba de redireccionamento do asteroide dobre (DART, polas súas siglas en inglés) foi o primeiro ensaio de defensa planetaria da Terra. Na misión, capitaneada pola NASA, a sonda DART impactou contra o asteroide Dimorphos para modificar a súa traxectoria. Malia que este corpo celeste non supoñía ningún tipo de ameaza para a Terra, os datos que se extraian da misión foron claves para sortear asteroides que si poidan supor un perigo no futuro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un asteroide chamado Compostela: Galicia suma unha nova cidade ao Sistema Solar

O corpo celeste foi descuberto en 2017 por dous astrónomos dende Letonia e está situado entre as órbitas de Marte e Xúpiter

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

A primeira astrónoma galega, Antonia Ferrín Moreiras, dá nome a un asteroide

A Unión Astronómica Internacional homenaxea a primeira doutora da disciplina en España

O risco de impacto dun asteroide contra a Terra en 2032 é o maior xamais prognosticado

A rocha espacial 2024 YR4, que podería arrasar unha cidade, aumentou ata un 3,1% a súa probabilidade de chocar contra o planeta