Estrean a canción infantil “Os meses do ano” para educar en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística lanza este novo audiovisual, como complemento ao libro sobre o tempo cronolóxico deseñado por Xulia Vicente

Na véspera do comezo de curso, A Mesa pola Normalización Lingüística estrea “Os meses do ano“, o videclip da canción creada e interpretada por Magín Blanco a partir de O tempo cronolóxico, o fermoso libro ilustrado por Xulia Vicente que axuda a cativada galega a coñecer o nome das principais unidades de medida temporal na nosa lingua.

Esta canción complementa o tema “Na segunda feira“, de Mamá Cabra, difundida dentro da campaña de Nós feiramos de 2ª a 6ª pola recuperación dos nomes tradicionais da semana que A Mesa desenvolveu, xunto con Agal, hai un par de anos.

Publicidade

O tempo cronolóxico forma parte -xunto con O abecedario, As aves, Os peixes e outra fauna mariña e O tempo meteorolóxico- do proxecto didáctico que A Mesa adica á educación infantil, proporcionando materiais en galego para nenas e nenos de 0 a 6 anos co obxectivo de potenciar o uso de vocabulario na nosa lingua nesta etapa.

O videoclip está dispoñíbel en youtube (ligazón) e o libro O tempo cronolóxico pódese mercar nas librarías do país e mais na web da Mesa por 7,20 € para persoas socias e 8’55 € para público xeral. Hai un anaco dispoñíbel para consulta aquí.

Publicidade

O autor da canción é Magín Blanco (A Rúa, 1960), un dos máis coñecidos creadores de propostas musicais e escénicas para público familiar no panorama actual galego. Creador do universo que habitan A nena e o grilo e máis de Camiños, así como dalgunhas das composicións que forman parte de libro discos de referencia para a cativada do país como María Fumaça, Rosalía Pequeniña ou Canta o Cuco, Magín Blanco ponlle música e voz ás cancións que acompañan todos os títulos da colección que A Mesa adica á educación infantil, coas cancións O abecedario, Voa paxariño, Peixiños do mar, O tempo meteorolóxico e con este Os meses do ano que se estrea hoxe.

A ilustradora do volume é Xulia Vicente (Cariño, 1993) estudou Belas Artes en Valencia, onde reside dende entón. Dende 2016 publica varios traballos de banda deseñada, como Anna Dédalus: El misterio de la mansión quemada (Andana Editorial), con Miguel Ángel Giner Bou e Núria Tamarit; Duerme Pueblo (Ediciones La Cúpula), de novo xunto a Núria Tamarit; e as dúas primeiras partes da triloxía Sello de Dragón (Sallybooks) con guión de Manuel Gutiérrez.

Os espectaculares deseños de Xulia Vicente.

Colabora, ademáis, en revistas e fanzines tanto nacionais coma internacionais, como 2000AD, Xiulit, Nimio ou Sacoponcho. Actualmente adícase á ilustración mentres continúa a traballar na última entrega da mencionada triloxía de fantasía xuvenil.

A Mesa quere contribuír con esta liña de publicacións a suplir a escaseza de materiais didácticos en galego para a etapa de 3 a 6 anos, fronte á grande cantidade de recursos existentes en castelán e en inglés, sobre a que alertou no Estudo sobre a educación infantil de Galiza de 3 a 6 anos. Curso 16/17, que se pode descargar no portal web da Mesa.

A Mesa salienta que os poucos materiais didácticos que existen para esta etapa débense ao compromiso das e dos educadores e mais á iniciativa social ou privada e dalgúns concellos, “sen que haxa respaldo e promoción por parte da Xunta, que se desentende de poñelos a disposición das escolas. Isto supón un agravio comparativo, posto que o profesorado que queira traballar na nosa lingua coa cativada ten que elaborar os seus propios materiais”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Soutar, apañar ou rebuscar: as máis de 40 formas lingüísticas de recoller castañas en galego

O Atlas Lingüístico Galego recolle 47 palabras e expresións para nomear a tarefa, con variantes que reflicten a diversidade léxica do idioma

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves