Como andar ben en bici?

Ademais de ecolóxico, económico, divertido e ideal para compartir con amigos ou en familia, pedalear é tamén un excelente medio de transporte e unha boa forma de facer exercicio nas cidades, achegando grandes beneficios para a nosa saúde: o uso da bicicleta constitúe unha das actividades físicas máis completas tanto a nivel cardiovascular como músculoesquelético, axuda a previr dores de costas, protexe as articulacións e mellora o noso sistema inmunológico. Estas características fan que cada vez sexa maior o número de persoas que utilizan a bicicleta como medio de transporte nos seus desprazamentos.

Unha postura correcta sobre a bicicleta supón o primeiro paso para previr lesións e require que prestemos especial atención á aspectos como a altura do sillín, a súa distancia con respecto ao manillar, a colocación do pé sobre o pedal e a aliñación das pernas ao pedalear. Aínda que depende en boa medida do tipo de bicicleta que usemos (clásica, de cidade, de cicloturismo ou deportiva), unha boa norma é regular a altura do sillín montándonos na bicicleta e apoiando o talón no pedal cando se atope na parte máis baixa, quedando o xeonllo completamente estirado.

Publicidade

Coa regulación da altura e distancia do manillar tamén evitamos situacións de tensión, por exemplo nos pulsos das mans, cóbados e ombreiros: o ángulo que debe formar a columna vertebral co brazo non debe exceder nunca os 90 graos de amplitude.

Elixir ben o sillín é fundamental, así como axustalo á nosa complexión

Colocar as mans sobre o manillar en ángulo recto, de modo que os pulsos non teñan que soportar unha presión excesiva. É recomendable utilizar luvas con xeles densos e puños ergonómicos especiais no caso de neuropatías por exceso de presión.

Publicidade

A elección do sillín é fundamental. Unha regra sinxela: menos superficie canto menos peso, e máis superficie de apoio se pesamos máis. Ha de estar perfectamente aliñado co manillar, e xamais inclinado cara a adiante. Tamén é recomendable utilizar sillines acolchados para evitar lesións na zona do periné.

Ao pedalear, é preferible levar cadencias elevadas para non sobrecargar a musculatura e articulacións das pernas, xa que así traballaremos máis a nivel cardiopulmonar e evitamos picos de forza elevados nas articulacións dos xeonllos.

Os fisioterapeutas tamén recomendan realizar exercicios de estiramento despois da actividade física, pois a evidencia científica demostrou que despois dun estiramento a nosa amplitude articular mellora.

O uso da bicicleta nas cidades incrementouse considerablemente. Por iso, os fisioterapeutas lembran que circular por cidades non ten por que ser perigoso, a condición de que se faga de forma prudente e atendendo ás normas básicas. Aseguran asímismo que as xa habituais bicicletas urbanas de aluguer non adoitan xerar patoloxías se cumpren coas recomendacións sobre o axuste da altura do sillín.

A seguridade dos ciclistas nas grandes cidades pasa a utilización de medidas de protección, moderación da velocidade, circular polo carril dereito, en liña recta, e indicando cos brazos as manobras que se van a realizar, ademais de prestar atención ao conducir e tentar provir tanto as manobras propias como alleas.

Cos videoconsellos da campaña 12 meses, 12 consellos de saúde, os fisioterapeutas galegos queren incidir na súa vocación de servizo público á poboación, contribuíndo de forma continuada ao asesoramento á comunidade en temas relacionados coa promoción e a defensa da saúde e resaltando ao mesmo tempo que unha das funcións fundamentais da Fisioterapia e dos fisioterapeutas é a prevención e non unicamente o tratamento de lesións e/ou enfermidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Videoxogos de realidade virtual: esta é a terapia que mellora a capacidade física de pacientes oncolóxicos

Un equipo da UVigo e do IISGS apunta melloras relevantes na mobilidade, a forza e a resistencia dos once participantes

O CiQUS demostra que os de ciclos luz e escuridade guían a evolución estable de nanomateriais

O traballo liderado polo investigador Javier Montenegro permite guiar a organización de sistemas moleculares dinámicos cara a estruturas máis robustas

MeteoGalicia activa a alerta por temperaturas superiores aos 36 graos

A área do Miño de Ourense e Pontevedra, Ribeira Sacra e as Rías Baixas serán as máis afectadas pola dorsal subtropical

Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN

O IGFAE coordinaría a iniciativa xunto á colaboración da Xunta e do CDTI nunha acción estratéxica para a I+D+i na comunidade