O incrible vídeo do bosque que “respira”

Imos camiñando polo bosque e, de súpeto, vemos que as árbores e o solo comezan a moverse cara a todos lados. Podemos pensar nun terremoto, mesmo en fenómenos sobrenaturais, pero a explicación é outra. Foi o que aconteceu no bosque de Sacré-Coeur, no Quebec en Canadá, segundo se puido ver nun vídeo que circulou estes días por todo o mundo.

A zona do bosque estaba vivindo un episodio de fortes precipitacións e ventos. E isto foi o que tivo que ver con este suceso. “Cando hai unha borrasca con vento e chuvias, o solo satúrase e perde ás veces a cohesión coas raíces mentres o vento zoa nas partes máis altas das árbores”, explicou ao portal The Weather Network o experto forestal Mark Vanderwouw. “O vento empurra ás arbores, e a forza transmítese as raíces; e se o solo non está consolidado, comeza a ‘respirar'”.

Publicidade

Engade este experto que, se os ventos fosen un pouco máis fortes, podería acabar acontecendo un fenómeno moito máis frecuente en Galicia: a rotura das raíces e a consecuente caída das árbores. “Se o vento sopra un pouco máis, ou é máis sostido, as raíces empezarían a fracturarse, e o solo podería crebarse, polo que as árbores caerían”, engade Vanderwouw.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha curtametraxe sobre os tesouros agochados baixo o mar da Mariña-Ortegal conquista Donosti

O biólogo focense Carlos Gil dá a coñecer a biodiversidade dos fondos galegos cun galardón no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián

Científicos galegos achan as claves que determinan o éxito da inmunoterapia no cancro de pulmón

Un equipo do IIS Galicia Sur desenvolve un modelo preditivo que permitirá avanzar cara a unha medicina máis personalizada e tratamentos máis efectivos

TikTok e as súas malas prácticas: normalizamos xa os riscos e as alertas sobre a rede social?

Crece a preocupación pola distribución de contido de abuso sexual infantil na plataforma. Por Jose Antonio Cortés Quesada e Arantxa Vizcaíno Verdú

Un equipo da Coruña crea robots autónomos que aprenden e se adaptan ás necesidades humanas

Os resultados do proxecto europeo, que se coordina dende o CITIC, presentáronse na xornada 'AI, Data and Robotics Forum'