Así se abre unha ‘xanela de lanzamento’ para viaxar a Marte

Unha ‘xanela de lanzamento’ é o período de tempo, xeralmente entre dúas datas, no que é posible realizar o lanzamento dun foguete espacial, para garantir que se alcance o obxectivo satisfactoriamente.

Previo ao lanzamento, e considerando todas as variables astronómicas, xunto coa masa e propulsión do foguete e a sonda ou vehículo a ser lanzado, calcúlanse con toda precisión a traxectoria de voo, e a necesidade de prender ou apagar os foguetes en determinados momentos.

Publicidade

Sobre a base deses cálculos, determínase as datas da xanela de lanzamento. Entre as variables para o cálculo están as variables astronómicas, é dicir o movemento dos corpos polo que teñen que pasar xunto cos movementos da Terra, que é a base do lanzamento.

Os científicos tamén teñen que calcular a cantidade de combustible. Se se perde unha xanela de lanzamento, por calquera retraso, é necesario esperar á próxima xanela, que ás veces pode ser varios anos despois. Por exemplo, para enviar unha sonda espacial a Marte, a xanela está acoutada entre as datas nas que as posicións relativas da Terra e Marte permiten que a traxectoria de voo sexa suficientemente curta.

Publicidade

Así aconteceu agora que lanzamento do foguete Falcon Heavy, cun coche Tesla a bordo, que xa viaxa rumbo ao planeta Marte, pero que só tiña dúas ventás de lanzamento: a do martes 6 e a do mércores 7 de febreiro. De ter fracasado o despegue por algún retraso, habería que esperar moito tempo para acadar de novo unha data propicia para enviar a nave ao planeta vermello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Soutar, apañar ou rebuscar: as máis de 40 formas lingüísticas de recoller castañas en galego

O Atlas Lingüístico Galego recolle 47 palabras e expresións para nomear a tarefa, con variantes que reflicten a diversidade léxica do idioma

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro