As imaxes máis impactantes do Sol durante cinco anos

O Observatorio Dinámico Solar da NASA (SDO, nas súas siglas en inglés) celebrou en 2015 os seus cinco primeiros anos de vida. Este observatorio recolle imaxes detalladas de todo o astro rei 24 horas ó día. O SDO foi lanzado o 11 de febreiro de 2010 e pode capturar practicamente unha imaxe por segundo, proporcionando ós astrónomos unha visión clara sen precedentes de como crecen e estoupan as enormes explosións solares.

O vídeo publicado pola NASA co gallo deste aniversario amosa o máis destacado dos primeiros cinco anos de capturas de imaxes: as nubes xigantes de material solar lanzado ó espazo, a danza de bucles xigantes flotando na coroa e enormes manchas solares emerxendo e afundíndose na superficie do Sol.

Publicidade

No seu primeiro lustro de actividade, o SDO puido, por exemplo, capturar imaxes en detalle a finais de 2014 das maiores manchas solares vistas desde o ano 1995, así como un torrente de intensas labaradas (explosións de luz, enerxía e raios-X).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cartas de Alejandra Murguía revelan novos aspectos da vida de Rosalía de Castro e Manuel Murguía

A USC publica o epistolario que a primoxénita no matrimonio mantivo con Ángela Santamarina entre 1916 e 1925

Que facer cos residuos orgánicos? Así funciona o contedor marrón de Vigo

O Concello, en colaboración con FCC Medio Ambiente, impulsa a separación do lixo para transformalo nun fertilizante natural

Par ou impar: unha soa molécula dunha cadea cuántica determina a interacción cun supercondutor

A investigación publicouse na prestixiosa revista 'Nature' e xorde dunha colaboración entre o CiQUS da USC e CIC nanoGUNE

O Foro de Empresas Innovadoras recoñece a Unirisco polos seus 25 anos de apoio á transferencia

Dende a súa creación en 2001, contribuíu a levar máis de 40 proxectos científicos ao ámbito comercial, impulsando a colaboración entre universidade e empresa