Flor de fibrilas no Sol

Flor de fibrilas no Sol
Créditos da imaxe e copyright: Big Bear Solar Obs., NJIT, Alan Friedman (Averted Imagination).

 
Explicación: cando se semella o Sol a unha flor? Nunha cor específica de luz vermella emitida polo hidróxeno, tal e como se amosa aquí, algunhas rexións da cromosfera solar poden semellarse a unha rosa. A imaxe en cores invertidas tirouse en outubro de 2014 e amosa a rexión solar activa 2177. Os pétalos que dominan o cadro son realmente tubos de plasma confinados magneticamente chamados fibrilas, algunhas das cales se estenden con maior lonxitude có diámetro da Terra. Na rexión central moitas destas fibrilas vense de canto, mentres que as rexións do arredor están normalmente cheas de fibrilas curvas. Cando se ollan sobre o limbo do Sol, estes enormes tubos de plasma denomínanse espículas, e cando acontecen en rexións pasivas reciben a denominación de manchas. A rexión de manchas solares 2177 sobreviviu durante varios días máis antes de que o complexo e axitado campo magnético furase a superficie do Sol e evolucionase de novo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados