A viaxe polas praias galegas que estás desexando facer

O proxecto de divulgación Xeoclip recolle nun vídeo de catro minutos os sistemas costeiros afectados pola ondada que se poden ver no litoral de Galicia

O proxecto de divulgación Xeoclip, impulsado por profesores de ciencias de centros de ensino de Galicia, ofrece unha viaxe fascinante a vista de paxaro polo litoral galego. O vídeo, publicado o 17 de maio co gallo do Día das Letras, fai un percorrido polos sistemas costeiros afectados pola ondada.

Desde A Lanzada, no istmo do Grove, o vídeo vai percorrendo as praias de sur a norte, enmarcadas na tipoloxía destes sistemas modelados ao longo do tempo pola acción do mar aberto. Praias como Corrubedo, Area Maior (Louro), Carnota, Reira e Trece (Camariñas), Traba e Laxe, A Barra do Anllóns, entre Ponteceso e Cabana, Baldaio, Doniños, Ponzos, Valdoviño, Morouzos o Augas Santas van desfilando desde as alturas.

Publicidade

A peza, composta de voos realizados durante o ano 2019, está realizada polo equipo de Xeoclip, que forman Alberto Fortes Novoa, Fernanda Moltó Roibal, Rocío Romar Roel e Xacobo de Toro Cacharrón. Ademais, o traballo conta coa colaboración do profesor ad honorem da USC, Augusto Pérez Alberti, experto no estudo da xeomorfoloxía litoral de Galicia.

 

O vídeo que recolle a riqueza xeolóxica de Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía