Non é un vaso sanguíneo intacto. Senón o sangue que tusiu un doente dos Estados Unidos nunha repetición perfecta das pasaxes aéreas ramificadas no pulmón dereito. Os médicos do home estaban absolutamente atónitos pola cousa, que publicaron no New England Journal of Medicine.
Nalgúns medios apareceu que esta materia era un anaco de pulmón, pero en realidade é un coágulo, como revela o artigo científico. Non é posible tusir un pulmón (aínda que se pode tusir con tanta forza que un pulmón se hernie a través das costelas).
De feito, os coágulos das árbores bronquiais, chamados cilindros, non son infrecuentes en absoluto. Están documentados algúns similares na literatura médica. O que fai tan intrigante para a ciencia este caso é que resulta absolutamente enorme, e o paciente tusiuno nunha soa peza, sen que rompese.
“Estabamos asombrados”, dixo o médico do home, Georg Wieselthaler, a The Atlantic. “É unha curiosidade que non podes imaxinar. Quero dicir, isto é moi, moi, moi raro”. O paciente, un home anónimo de 36 anos de idade, estaba a ser tratado por insuficiencia cardíaca aguda na UCI.
Os seus médicos conectaron o seu corazón a un dispositivo para axudalo a bombear sangue ao redor do seu corpo. Pero estes dispositivos tamén poden causar coágulos sanguíneos, polo que tiveron que lle administrar un anticoagulante chamado heparina.
O artigo no New England Journal of Medicine sinala como unha proteína chamada fibrinóxeno pode ser responsable deste coágulo de grandes dimensións.
Aquí podes consultar o artigo científico no New England Journal of Medicine.
O correcto “e o paciente tusiuno”, non “e o paciente o toseu”. Un saúdo.
O correcto é*. Comín o verbo :).