Tensión ante o histórico voo do helicóptero Ingenuity sobre Marte

A NASA adía por dúbidas técnicas o primeiro voo noutro planeta dunha aeronave deseñada polo ser humano

A capacidade da NASA para manter o suspense está máis que acreditada. A axencia espacial estadounidense volveu facelo agora co histórico voo do helicóptero Ingenuity, cuxo despegue estaba previsto para este domingo, pero que foi adiado cando menos para o vindeiro mércores, 14 de abril.

A NASA decidiu reprogramar o primeiro voo experimental do helicóptero porque durante unha proba de xiro de alta velocidade dos rotores o venres, a secuencia de comando que controlaba a proba rematou por un problema co temporizador de “vixilancia”. Isto aconteceu cando tentaban cambiar a computadora de voo do modo ‘Prevoo ao modo ‘Voo‘. A axencia emitiu un comunicado asegurando que o helicóptero está seguro e en bo estado e comunicou o seu conxunto completo de telemetría á Terra.

Publicidade

O temporizador de vixilancia supervisa a secuencia de comandos e alerta ao sistema de calquera problema potencial. Por esta razón, os enxeñeiros están agora a traballar coa telemetría colleitada para axustar a misión, aínda que non hai dúbidas sobre que o helicóptero despegará esta semana.

Ingenuity é un pequeno helicóptero robótico ubicado en Marte desde o 18 de febreiro de 2021. É a primeira aeronave en Marte e está destinada a realizar o primeiro voo atmosférico motorizado e totalmente controlado, desde o despegamento ata a aterraxe, en calquera planeta máis aló da Terra.

Publicidade

O enxeño estaba unido á parte inferior do rover Perseverance. Ingenuity , que pode viaxar ata 50 m e logo regresar á área de inicio, utilizará un control autónomo durante os seus curtos voos, que serán planificados e programados de xeito telerrobótico polos operadores do JPL Laboratory en Pasadena, nos Estados Unidos.

Como anécdota, o trebello leva un anaco de tea da á do Wright Flyer de 1903, o avión dos irmáns Wright , o primeiro voo motorizado controlado da humanidade na Terra. O nome do Ingenuity foi elixido por alumnos dun instituto de educación secundaria nos Estados Unidos.

O helicóptero Ingenuity, no sol 48 en Marte.

O helicóptero, de 1,8 quilogramos, terá 30 días marcianos, ou soles, (31 días terrestres) para realizar a súa campaña de voos de proba. “Acertadamente nomeado, Ingenuity é unha demostración de tecnoloxía para ser o primeiro voo propulsado noutro mundo e, se ten éxito, podería expandir aínda máis os nosos horizontes de exploración de Marte”, dixo Lori Glaze, directora da División de Ciencias Planetarias na Sede da NASA.

Voar de xeito controlado en Marte é moito máis difícil que voar na Terra. O planeta vermello ten unha gravidade significativa de arredor dun terzo da da Terra. Pero a súa atmosfera é moi lixeira. Durante o día marciano, a superficie do planeta recibe só a metade da cantidade de enerxía solar que chega á Terra durante o día, e as temperaturas nocturnas poden descender ata menos 90 graos Celsius, o que pode conxelar e gretar compoñentes eléctricos desprotexidos. Así que Ingeniuty ten ante si todo un reto. Esta semana saberemos se consegue voar sobre o planeta vermello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

A galega Begoña Vila protagoniza un documental sobre a próxima gran misión científica da NASA

‘Rumbo ás estrelas (Despois da eclipse)’ trata do desenvolvemento do telescopio espacial Nancy Grace Roman a través da historia persoal da enxeñeira

As claves da NASA para observar a eclipse total de Sol do 12 de agosto

Galicia será un dos territorios europeos privilexiados para contemplar o fenómeno astronómico do ano a causa do paso da banda de totalidade polo territorio

Como sería a superficie do océano se non houbese mareas nin vento? Descúbreo neste modelo da NASA

O xeoide é un plano irregular empregado para estudar altitudes, determinar medidas topográficas e analizar a xeofísica do planeta