Así se ve o Sistema Solar a escala e en só 55 segundos

Unha animación do astrónomo James O'Donoghue permite coñecer e comparar o tamaño relativo dos planetas e do astro rei

Xúpiter xira máis rápido que a Terra. Es capaz de imaxinar a diferenza de velocidades? E os tamaños? Como de pequeno é o planeta azul en comparación co Sol? A resposta está nun vídeo elaborado polo astrónomo James O’Donoghue, que traballa na Axencia de Exploración Aeroespacial de Xapón. A súa animación permite coñecer o tamaño relativo de todos os obxectos do Sistema Solar. Comeza cunha imaxe de Ceres, un planeta anano, e logo van aparecendo outros obxectos, entre eles a Terra. Finalmente, o vídeo mostra o Sol en comparación co resto de planetas representados.

A animación, de tan só 55 segundos, móstranos de maneira visual o que, doutra maneira, só serían cifras. Por exemplo, e segundo a información facilitada en ScienceAlert, a Terra ten 12.742 kilómetros de diámetro e Xúpiter 139.820. É dicir, un diámetro dez veces maior. Por outra parte, o Sol ten 1,38 millóns de kilómetros. É dicir, 10 veces máis ca Xúpiter e 100 veces maior que a Terra. Ou noutras palabras: no Sol poderían caber arredor dun millón de planetas Terra.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Este é o Google Maps do universo que permite explorar o espazo en 3D

A aplicación achega información sobre a localización de cada corpo celeste e datos complementarios distribuídos en nove categorías

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais