Primeiras folerpas de neve no outono en Galicia

A montaña de Lugo e Ourense rexistra nevaradas por mor do descenso da temperatura nestes últimos días

Adoita acontecer nestas datas, mais non deixa de ser noticia, como sinal de chegada das estacións frías e húmidas, a primeira aparición da neve en Galicia. O descenso das temperaturas e a presenza de humidade das últimas xornadas fixo que esta mañá a paisaxe aparecese nevada nos puntos máis altos do país, como o macizo de Trevinca, a estación de Cabeza de Manzaneda ou os cumios máis altos das serras do Courel e Ancares.

Así o constatan as imaxes das estacións de MeteoGalicia en Lardeira (Carballeda de Valdeorras) ou o albergue de montaña dos Ancares (Cervantes), onde se viron este mercores as primeiras folerpas do outono. Foi máis tarde ca no 2020, cando a neve chegou a comezos de outubro, e un pouco antes ca en 2019, cando a neve tamén se retrasou ata novembro.

Publicidade

Mapa da neve acumulada ata o mediodía do mércores en Galicia, onde se observan as primeiras nevaradas do outono nas serras de Lugo e Ourense. Imaxe: MeteoGalicia.
Mapa da neve acumulada ata o mediodía do mércores en Galicia, onde se observan as primeiras nevaradas do outono nas serras de Lugo e Ourense. Imaxe: MeteoGalicia.

Tamén na estación de esquí de Cabeza de Manzaneda se observaron as folerpas.

A neve chega nun día no que a meirande parte de Galicia está a vivir temperaturas que non pasan dos 15ºC. E na pasada madrugada os termómetros caeron por baixo dos 0ºC na Veiga (-2,5ºC), Cabeza de Manzaneda (-2,2ºC) ou Lardeira (-1,3ºC).

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual