A primeira foto de Ultima Thule nos confíns do Sistema Solar

Xa está aquí a primeira imaxe con boa resolución dun mundo situado a 6.500 millóns de quilómetros do noso planeta. A NASA publicou a primeira foto enviada pola sonda ‘New Horizons’ desde Ultima Thule, un obxecto avermellado cunha forma parecida á dun boneco de neve, situada no Cinto de Kuiper, máis aló de Plutón.

Ultima Thule, como foi bautizado o diminuto obxecto xeado, é un corpo alongado duns 32 quilómetros de lonxitude, que consiste de dúas esferas fusionadas.

Publicidade

New Horizons, a sonda que enviou fotos de Plutón hai 3 anos, pasou xunto ao misterioso obxecto no día de Aninovo. Antes desta misión, o equipo liderado polo científico Alan Stern, do Instituto de Investigación Southwest, sopesou a idea de que Ultima Thule se tratase de dous obxectos planetarios distintos. Con todo, o científico da Universidade Johns Hopkins, Hal Weaver, asegurou hoxe que se trata dun só asteroide cunha forma similar a un cacahuete, despois de ver as últimas imaxes de Ultima Thule, aínda de moi baixa resolución.

Ultima Thule parece ter unha cor avermellada como o ladrillo. Os científicos din que non ven cráteres de impactos nas novas fotos.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo