Venres 19 Abril 2024

New Horizons sobrevoa Ultima Thule, a fronteira do Sistema Solar

A Humanidade alcanzou este 1 de xaneiro o obxecto máis distante xamais explorado. Sinais da sonda New Horizons recibidas pola NASA confirmaron o seu encontro con Ultima Thule, na fronteira do Sistema Solar.

Científicos da axencia espacial estadounidense sinalaron que a sonda se atopa nunha condición “saudable” tras pasar, na madrugada deste 1 de xaneiro de 2019, pola rocha xeada. Ultima Thule atópase a uns 6.500 millóns de quilómetros de distancia da Terra, nunha área denominada Cinto de Kuiper.

Publicidade

A sonda enviará as fotos e outras observacións nos próximos meses.”¡Adiante New Horizons!”, exclamou o científico en xefe Alan Stern ás 05:33 GMT, o momento no que se supoñía que a sonda New Horizons facía o seu achegamento máis próximo a Ultima Thule.

Primeira imaxe enviada por New Horizons de Ultima Thule. Nas vindeiras horas, chegarán con maior resolución.

Ultima Thule está tan distante que o sinal de confirmación tardou horas en chegar. Presumindo que todo salga ben, as primeiras imaxes próximas sairán o mércores.

Hal Weaver, científico da misión, dixo que o diminuto corpo de 30 quilómetros de ancho é “probablemente o obxecto máis primitivo que se atopou unha nave, a mellor reliquia posible do Sistema Solar”.

New Horizons sobrevoou a superficie de Ultima Thule a unha distancia de 3.500 km para obter fotografías e outros datos. A sonda foi lanzada desde Cabo Cañaveral en xaneiro de 2006 e durante o seguintes oito anos viaxou ao seu primeiro obxectivo: Plutón e as súas cinco lúas: Caronte, Estixia, Nix, Cérbero e Hidra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón