New Horizons chegará a Ultima Thule no día de Aninovo

O 1 de xaneiro de 2019 a NASA chegará ao lugar máis afastado endexamais explorado polo ser humano. É un pequeno e xeado mundo chamado Ultima Thule, que significa “máis alá das fronteiras do mundo coñecido”.  A sonda New Horizons é a nave espacial encargada de abordar a misión. A mesma que voou ata o planeta Plutón no ano 2015.

O día de Aninovo, New Horizons sobrevoará este distante obxecto a 6.430 millóns de quilómetros do Sol. Ultima Thule orbita no corazón do Cinto de Kuiper do noso sistema solar, moito máis alá de Neptuno. O Cinto de Kuiper inclúe unha colección de corpos xeados que van desde planetas ananos como Plutón a planetesimales máis pequenos como Ultima Thule e mesmo corpos máis pequenos como cometas,

Publicidade

A órbita case circular de Ultima indica que se orixinou á súa distancia actual do Sol. Os científicos consideran que o seu lugar de nacemento é importante por dúas razóns. Primeiro, porque iso significa que é unha mostra antiga desta porción distante do Sistema Solar. En segundo lugar, debido a que as temperaturas tan afastadas do Sol están apenas por riba do cero absoluto, son esencialmente cápsulas do tempo do pasado antigo.

Membros do equipo científico de New Horizons descubriron a Ultima utilizando o Telescopio Espacial Hubble en 2014. E pouco sabemos del máis aló da súa localización e órbita. En 2016, os investigadores determinaron que tiña unha cor vermella. En 2017, unha campaña da NASA que usaba telescopios terrestres trazou o seu tamaño (apenas uns 45 quilómetros) e unha forma irregular cando pasaba fronte a unha estrela, un evento chamado “ocultación estelar“.

“Todo está a piques de cambiar dramaticamente no Aninovo”, dixo nun comunicado o investigador principal de New Horizons, Alan Stern. New Horizons mapeará Ultima, a composición da súa superficie, determinará cantas lúas ten e pescudará se ten aneis ou mesmo unha atmosfera. Tamén realizará outros estudos, como a medición da súa temperatura e quizais mesmo a súa masa.

Noun período de 72 horas, Ultima vai transformarse dun punto de luza un mundo completamente explorado. As primeiras imaxes da sonda New Horizons comezarán a ser distribuidas pola NASA o día 2 de xaneiro, aínda que o Peche da Administración decretado polo presidente Donald Trump podería afectar a esta axenda, xa que moitos traballadores da axencia espacial non están a traballar e isto pode afectar ao seu gabinete de comunicación.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.