Xoves 28 Marzo 2024

Podes ver o animal que está escondido nesta imaxe?

Esta é primeira imaxe viral do ano 2019. Foi publicada en Twitter pola enxeñeira en nanotecnoloxía Michelle Dickinson e suma millóns de compartidos polo mundo enteiro. Aínda que só aparenta ser un conxunto de liñas negras verticais, cun pouco de esforzo poderás ver un animal agochado tras delas. Din que se non podes ver ao animal de inmediato, probes sacudindo a cabeza cara a adiante e cara atrás ou que debas afastarche máis do teu computador ou móbil.

Aquí tes outra imaxe ampliada da mesma ilusión óptica:

Publicidade

E se queres unha pista, hai que recordar que o nome científico deste animal é Felis silvestris catus.

Se non es quen de atopalo, sempre podes ver este incríble vídeo que fará que a túa visión do mundo cambie radicalmente…

E, se queres saber máis sobre ilusións ópticas, recorda que hai unha galega, Susana Martínez-Conde, que dirixe o laboratorio de neurociencia da Universidade Estatal de Nova York e organiza cada ano, desde o 2005, o concurso ‘A ilusión do ano’, no que participan as mellores imaxes que enganan ao noso cerebro. E aquí podes ver unha escolma das máis abraiantes que esta investigadora coruñesa presentou nos últimos anos.

Sete ilusións ópticas que descontrolan o noso cerebro

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A ilusión óptica do buraco negro que parece saír da imaxe

Unha nova investigación amosa unha ilusión óptica que engana ao ollo...

Esta ilusión óptica revela se tes cegueira á curvatura

Que ves na imaxe? Todas as liñas onduladas son iguais? Ou algunhas esquinas son máis pronunciadas ca outras en función da área?

Un estudo revela por que nos engana esta ilusión óptica

O novo traballo conclúe que o noso cerebro ten de xeito innato un mecanismo para identificar o brillo e a luminancia

Este eixo que nos confunde, mellor ilusión óptica do 2019

Esta ilusión imponse no certame que organiza na Universidade de Nova York a neurocientífica galega Susana Martínez-Conde