Un bicho de 45 quilos e 200 anos de idade

salamandra 1
As píntegas xigantes (Andrias davidianus) son anfibios moi difíciles de ver, que viven en covas e arroios en China. Debido á súa sobreexplotación para o consumo humano e á destrución e degradación do seu hábitat, no últimas tres xeracións experimentaron un declive de ata o 80%. A pesar de todo un pescador atopou nunha cova do suroeste chinés un exemplar de 45 quilos e 1,3 metros de lonxitude. O sorprendente é a súa idade.
Segundo os científicos, a píntega xigante chinesa podería ter máis de dous séculos de idade. Convértese na máis antiga respecto das súas conxéneres, que adoitan ter unha esperanza de vida de 80 anos en estado salvaxe e 55 en catividade. Estes fósiles viventes pertencen a unha liñaxe que data de millóns de anos, e están en perigo crítico de extinción, segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN).

1 comentario

  1. Se está en perigo, viven menos en cativerio e tratase dun exemplar único…. Para que narices o sacaron da súa cova e o meteron nunha piscina dun centro de investigación? Para poder dicir que morreu o derradeiro exemplar da súa especie?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Reducir ata un 15% o risco de padecer demencia? A resposta pode estar no teu tensiómetro

Un ensaio clínico na China rural marca diferenzas entre a poboación hipertensa á hora de desenvolver esta enfermidade

Descuberto en China un novo virus do mesmo xénero que Crimea-Congo transmitido por carrachas

O patóxeno emerxente, denominado Xue-Cheng pola cidade onde foi descuberto, provocou dende febres agudas ata ingresos hospitalarios en 25 pacientes

É perigoso o virus respiratorio está a desatar a alarma en China?

A maioría de persoas poida que non oísen falar do metapneumovirus humano, mais é moi probable que estivesen infectadas por el nalgún momento

Marcos Martinón, un galego entre guerreiros de terracota: “É incrible, pero non hai dous soldados iguais”

O arqueólogo ourensán investiga dende hai case 20 anos o espectacular mausoleo do primeiro emperador chinés, un xacemento con 2.000 anos de antigüidade