Así se ve unha eclipse solar en Marte

Perseverance captura o fenómeno, que durou tan só 40 segundos, e servirá para entender mellor a órbita do satélite implicado, Fobos

O rover Perseverance da NASA, a través do seu sistema de cámaras Mastcam-Z, acaba de capturar un vídeo de Fobos, unha das dúas lúas de Marte, eclipsando o sol. Segundo a axencia estadounidense é o vídeo máis ampliado dunha eclipse solar de Fobos ata o momento, e coa velocidade de fotogramas máis alta da historia.

O vídeo capturouse o 2 de abril e durou pouco menos de 40 segundos, moito menos do que adoita durar un eclipse solar que involucre á Lúa da Terra. Estas observacións poden axudar os científicos a comprender mellor a órbita do satélite e como a súa gravidade atrae a superficie marciana, o que dá forma á cortiza e o manto do planeta vermello.

Publicidade

As imaxes son as últimas dunha longa historia de naves espaciais da NASA que capturan eclipses solares en Marte. En 2004, os rovers xemelgos da NASA, Spirit e Opportunity, tomaron as primeiras fotografías de Fobos con lapso de tempo durante unha eclipse solar. Curiosity continuou a tendencia con vídeos tomados polo seu sistema de cámara Mastcam.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo