Coñeces esta paisaxe? Decenas de xeólogos e o Museo del Prado queren averigualo

Un enclave xeolóxico da península Ibérica que aparece nun cadro do pinto Agustín Riancho mobiliza aos expertos tras a petición do museo madrileño

Hai máis de cen anos, o pintor cántabro Agustín Riancho (1841-1929) inmortalizou unha paisaxe cun peculiar afloramento rochoso. Paisaje de montaña era o título do óleo. Pero non quedou sinal algunha no cadro de onde trazara Riancho aquelas liñas. Como era cántabro, e á súa terra dedicoulle boa parte das súas obras, podería deducirse que é alí onde está esa paisaxe. Pero por agora non se sabe con certeza. Nos últimos días estase producindo a través das redes sociais un exemplo de boas prácticas e de intercambio de coñecementos, e da fusión das liñas do arte coas da ciencia. Foi o xeólogo e paleontólogo Luis Collantes o que lanzou a petición, que saía, segundo el mesmo informou, do Museo del Prado.

A carreira comezou, segundo informa Antonio Martínez Ron en Next, un pouco antes. Foi o restaurador do Museo del Prado Pedro José Martínez Plaza, especializado en el siglo XIX, quen se puxo en contacto cun xeoparque de Cantabria para averiguar se a imaxe se correspondía con algunha paisaxe da rexión. Porque non hai que descartar, ata que non se demostre o contrario, que esa paisaxe non exista realmente, e que sexa froito da imaxinación de Riancho. Ou ben que sexa parte real, e parte recreada: é posible que a formación rochosa exista, pero o río non sexa exactamente así.

Publicidade

A intervención dos xeólogos, debido ao protagonismo das rochas na paisaxe debuxada por Riancho, vai ser clave para revelar o misterio. Calquera detalle conta: dado o coñecemento acumulado sobre o mapa xeolóxico de España, establecer se, por exemplo, se trata de cuarcitas ou calcitas podería descartar unhas partes da Península e considerar outras.

Centos de persoas levan varios días compartindo nas redes sociais imaxes que se poderían asemellar ao cadro. Desde diferentes perspectivas, horas do día e momentos do ano. Estanse analizando todas para percibir un detalle que poida dar pistas: un determinado trazo nas rochas, a orientación das mesmas, a auga do río que corre ao pé do cadro, a vexetación da zona, etc.

Publicidade

Hai varias ‘candidaturas’ a protagonizar o cadro de Riancho: desde diversas partes de Cantabria ata zonas de León, como Los Barrios de Luna, ou Monfragüe (Extremadura), Aragón ou Cuenca. Só por observar algunhas das paisaxes compartidas polos usuarios das redes sociais paga a pena seguir as publicacións:

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Escenarios ao volante”: descubre Galicia a través das súas paisaxes e estradas

Turismo de Galicia presenta unha nova iniciativa que ofrece máis de 1.000 quilómetros de rutas pola xeografía galega, combinando natureza e miradoiros para descubrir a comunidade dende o coche

Cando a arte cruza fronteiras, perde un país a súa memoria?

A saída de obras e bens culturais do seu contexto orixinal pon en risco a preservación da identidade colectiva dos pobos

O IGFAE tece fíos entre a física e a creación cun programa de residencias artísticas

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 20 de outubro de 2025 e a proposta seleccionada recibirá unha achega de 8.000 euros

De herexe a referente: homenaxean o xeógrafo Pérez Alberti pola súa traxectoria

O catedrático e investigador leva décadas viaxando polo mundo para comprender os procesos que mudan as paisaxes