Os incendios en Galicia dende a Estación Espacial

O astronauta xaponés Kimiya Yui captou o domingo esta imaxe da nube de fume provocada polos lumes no sur de Galicia e no norte de Portugal. A foto foi tomada dende a Estación Espacial Internacional, a 400 quilómetros de altura sobre a Terra. Yui publicou na súa conta de Twitter: "Portugal and the West Side of Spain. Wildfires in Portugal also? I hope the situation is not so bad..." (Portugal e o Oeste de España. Incendios en Portugal tamén? Espero que a situación non sexa tan mala...) O astronauta xaponés será precisamente o que, o vindeiro domingo, vai poñer en órbita o satélite Serpens, da Universidade de Vigo e da Axencia Espacial de Brasil, empregando o brazo robótico da ISS. Foto: NASA.
O astronauta xaponés Kimiya Yui captou o domingo esta imaxe da nube de fume provocada polos lumes no sur de Galicia e no norte de Portugal. A foto foi tomada dende a Estación Espacial Internacional, a 400 quilómetros de altura sobre a Terra. Yui publicou na súa conta de Twitter: “Portugal and the West Side of Spain. Wildfires in Portugal also? I hope the situation is not so bad…” (Portugal e o Oeste de España. Incendios en Portugal tamén? Espero que a situación non sexa tan mala…) O astronauta xaponés será precisamente o que, o vindeiro domingo, vai poñer en órbita o satélite Serpens, da Universidade de Vigo e da Axencia Espacial de Brasil, empregando o brazo robótico da ISS. Foto: NASA.

A foto tomada polo astronauta xaponés Yui dende a Estación Espacial Internacional.
Outra foto tomada polo astronauta xaponés Yui dende a Estación Espacial Internacional na que se observan na parte superior os incendios en Portugal e Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

Unha tese identifica unha Escola Galega de Percusión con ritmos e técnicas propias

A investigación de Cristian Silva Bóveda na USC recupera a historia dos intérpretes relegados e descifra os patróns de gravacións do século XX

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos