A primeira leituga cultivada de comida no espazo non sabe a nada diferente da que provén da nosa horta. O astronauta estadounidense Scott Kelly dixo que estaba 'moi boa'. El foi parte do equipo de astronautas que este luns participaron na primeira degustación dun vexetal cultivado no espazo. Antes de morder as follas, Kelly, o seu colega estadounidense Kjell Lindgren e o xaponés Kimiya Yui, laváronas cunha solución limpadora e logo botáronlles un pouco de vinagreta. Aínda que non é a primeira vez que se cultiva algo fóra da atmosfera terrestre, si que nunca antes o produto fora consumido en órbita. A idea do experimento "VegOne" é ensaiar a posibilidade de que as tripulacións espaciais poidan no futuro producir algúns dos seus propios alimentos a bordo. É algo que podería ser crucial en viaxes de longo alcance, como a proxectada misión de poñer o primeiro home en Marte. Foto: NASA.
A primeira leituga cultivada de comida no espazo non sabe a nada diferente da que provén da nosa horta. O astronauta estadounidense Scott Kelly dixo que estaba ‘moi boa’. El foi parte do equipo de astronautas que este luns participaron na primeira degustación dun vexetal cultivado no espazo. Antes de morder as follas, Kelly, o seu colega estadounidense Kjell Lindgren e o xaponés Kimiya Yui, laváronas cunha solución limpadora e logo botáronlles un pouco de vinagreta. Aínda que non é a primeira vez que se cultiva algo fóra da atmosfera terrestre, si que nunca antes o produto fora consumido en órbita. A idea do experimento “VegOne” é ensaiar a posibilidade de que as tripulacións espaciais poidan no futuro producir algúns dos seus propios alimentos a bordo. É algo que podería ser crucial en viaxes de longo alcance, como a proxectada misión de poñer o primeiro home en Marte. Foto: NASA.
O programa Landsat conta co espazo “Your name in Landsat”, que recolle unha galería de imaxes satelitais que amosan accidentes xeográficos en forma de letras.
A tripulación de Artemis II ten previsto completar a súa amaraxe no océano Pacífico tras o reingreso atmosférico na madrugada do 11 de abril, en horario español
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.