Venres 29 Marzo 2024

Aquí están as mellores ilustracións científicas do ano

O concurso Illustraciencia celebra a súa novena edición coa participación de máis de 400 creacións de todo o mundo

As obras galardoadas, entre as máis de 400 que se presentaron na novena edición do Premio Internacional de Ilustración Científica e Naturalista Illustraciencia, foron A pantera de Madagascar, de David Rojas Márquez, na categoría de ilustración científica; e Estudo comparativo de tordos, de Ignacio Sevilla Hidalgo, na de ilustración naturalista. Nesta edición, ademais, A pantera de Madagascar recibiu tamén o premio do público, elixido por votación popular.

Estudo comparativo de tordos, obra de Ignacio Sevilla Hidalgo, gañadora na categoría de ilustración naturalista.

Illustraciencia é unha iniciativa creada en 2009 polo deseñador gráfico Miquel Baidal Crespo co obxectivo de visibilizar e poñer en valor a ilustración científica como medio de transmitir os descubrimentos científicos tanto entre quen investiga como entre o público xeral e as propias persoas que se dedican á ilustración científica. O proxecto está coordinado polo Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid (MNCN-CSIC) e a Asociación Catalá de Comunicación Científica (ACCC) e conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT–Ministerio de Ciencia e Innovación).

Publicidade

Mencións especiais

As gañadoras nas categorías naturalista e científica desta edición foron seleccionadas por un comité de expertos de entre as 40 finalistas escollidas nunha fase previa. “Cada edición resulta máis difícil quedar só con dúas das propostas, a calidade técnica e o interese da mensaxe transmitida pónnolo moi difícil”, expresa Clara Cerviño, membro do xurado de Illustraciencia. Por outra banda, máis de 6.000 persoas tiveron a oportunidade de decidir o premio do público votando telematicamente o seu finalista favorito.

Mencións especiais na categoría de Ilustración naturalista: 1) Ciclo de vida del escarabajo de Araceli Gómez de Lara. 2) Сluster pine, Pinus pinaster, de Dina Rogatnykh. 3) Plagas de la harina, de Albert Blanco Roviralta. 4) Morfología de una escolopendra, de José Saúl Martín Fuentes. 5) Bog Turtle, de Patterson; 6) Gonzalito, Icterus nigrogularis, de Sebastián Chavez.

O xurado concedeu unha mención especial ás obras Infestas da fariña, de Albert Blanco Roviralta; Morfoloxía dunha escolopendra, de José Saúl Martín Fuentes; Сluster pine, (Pinus pinaster), de Dina Rogatnykh, na categoría de ilustración científica. Asímismo, tamén se concederon mencións especiais na categoría de ilustración naturalista á obra Bog Turtle, de Patterson; Gonzalito (Icterus nigrogularis), de Sebastián Chavez; e a Araceli Gómez de Lara por Ciclo de vida do escaravello.

A inauguración da exposición coas 40 ilustracións finalistas, incluídas as gañadoras das diferentes categorías, está prevista para o mes de xullo de 2022 no Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid. A mostra estará exposta ata setembro de este mesmo ano. Posteriormente, como en edicións anteriores, as ilustracións formarán unha exposición itinerante. “Grazas a este formato logramos que durante estes anos as diferentes exposicións percorresen numerosas cidades de España e do estranxeiro”, apunta o coordinador do proxecto, Miquel Baidal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As alamedas ilustradas: séculos de historia ferrolá loitan pola súa supervivencia

A bióloga María José Leira Ambrós reivindica a valía do espazo natural para a historia da cidade nun relatorio do Museo de Historia Natural de Ferrol

Resisten do mesmo xeito os mamíferos terrestres ao cambio climático?

Un estudo participado pola UVigo confirma que os vínculos entre as alteracións climáticas e a evolución dependen da especialización ecolóxica dos animais

Ra de Santo Antón, a sobrevivente das glaciacións en Galicia

O anfibio "Hyla molleri", endémico da península Ibérica, sorprende aos científicos por resistir ante os períodos xélidos do Cuaternario

Esta ilusión optica deixa perplexo a medio mundo

Unha imaxe estática dunha bóla diante dun funil dobre parece moverse debido á interpretación que fai o noso cerebro