O planeta máis próximo á Terra é Mercurio (non, non son Venus nin Marte)

O movemento das órbitas provoca que a o pequeno planeta máis próximo ao Sol sexa o que máis tempo pasa preto da Terra

Se alguén nos pregunta cal é o planeta que está máis preto da Terra, case todos responderíamos Venus ou Marte. Porque esta resposta encaixa coa lista dos planetas que aprendimos de nenos: “Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, etc…” Pero non é verdade. O planeta máis próximo á Terra agora mesmo é Mercurio. E para comprendelo temos que pensar no Sistema Solar, que está sempre en movemento.

Representación clásica do Sistema Solar.

Estamos afeitos a ver os planetas debuxados en liña recta, partindo do Sol, pero iso só é un xeito de representalos, que evidentemente non corresponde a ningunha situación concreta dunha data. Porque as distancias entre os planetas van cambiando. De feito, aínda que Marte e Venus sempre son debuxados como os noso veciños -un a cada lado- ás veces ningún dos dous é o máis próximo á Terra.

Publicidade

Situación dos planetas hoxe 14 de marzo de 2019. Imaxe: Solarsystemscope.

Podemos comprobalo agora mesmo co planisferio Solarsystemscope, un dos máis espectaculares e completos para ver o noso Sistema Solar dixitalmente. Ademais é de balde. Como podemos observar, Mercurio é o planeta que está hoxe máis achegado á Terra, por mor da súa órbita. Cando a Terra e Mercurio están máis preto, sitúanse a 77 millóns de quilómetros, mentres cando están moi lonxe (separados polo Sol, en medio deles) a distancia medra ata os 222 millóns de quilómetros.

O certo é que cada planeta ten un ritmo distinto de órbita, o percorrido dos planetas arredor do Sol. Iso implica que as distancias entre eles van cambiando. Agora o máix próximo é Mercurio, pero noutros momentos pode ser Venus ou Marte. Aínda que tamén podemos sacar unha media e calcular que planeta realmente pasa máis tempo preto da Terra.

Publicidade

A canle británica BBC fixo recentemente este cálculo nun programa de divulgación científica. Estimaron cal planeta estivo máis preto de nós cada día dos últimos 50 anos. E o noso veciño máis próximo habitual foi… Mercurio.

Outra vista da situación dos planetas hoxe.

David A. Rothery, profesor de xeociencias planetarias na Open University, explicouno á BBC: “A orde dos planetas, desde o Sol, é: Mercurio, Venus e logo a Terra. Pero cando Venus está do outro lado do Sol está moi lonxe de nós”, explicou Rothery: “Así que aínda que a órbita de Venus fai que ese planeta sexa o que máis se pode achegar a nós, seguida -en segundo lugar- pola órbita de Marte, ás veces o planeta vermello está moi preto da Terra, mentres que a distancia con Venus é enorme”.

“E, aínda que Marte é o segundo potencialmente máis próximo de nós, entre todos os demais, o planeta que pasa o maior tempo próximo á Terra é Mercurio“, confirmou o astrofísico.

Estes son os datos: No último medio século, Mercurio foi o máis próximo á Terra o 46% do tempo. Venus, saíu segundo: pasou o 36% do tempo como o noso veciño máis achegado. Mentres que Marte, o planeta vermello, que moitos asumen como o máis próximo á Terra, estivo nese lugar apenas o 18% do tempo.

Pero por riba de medias, hai momentos nos que Mercurio é directamente o noso veciño máis achegado. Aínda que contraveña o que estudamos no colexio. Asi acontece agora.

E podes botar unha ollada se queres para comprobalo no planetario en liña de Solar System Scope.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais